O CIFP A Xunqueira é un Espazo Cardioprotexido.
Espazo Cardioprotexido é aquel lugar que dispón dos elementos necesarios (desfibrilador) para asistir a unha persoa nos primeiros minutos dunha parada cardíaca.
A que nos referimos con elementos necesarios? Ten que ser un espazo que conte con desfibriladores externos de fácil acceso. Un desfibrilador é un dispositivo que fornece corrente eléctrica ao corazón para tentar restablecer o seu ritmo normal ou a súa actividade eléctrica. Hai dous tipos principais:
Desfibrilador externo automático (DEA), é unha máquina completamente automática. O usuario non ten que apertar ningún botón para dar a descarga, o aparello faio todo analiza e se fai falta dar descarga, o mesmo dispositivo encargarase de aplicala sen que ninguén aperte o botón.
Desfibrilador externo semiautomático (DESA), o cal realiza el só a análise, pero a descarga non se administra ata que o usuario aperte o botón de descarga.