Visitas que deixan pegada. Grazas polo teu tempo, Gonzalo.
No CIFP A Xunqueira recibimos a visita de Gonzalo González, ex alumno do centro, que veu compartir a súa experiencia profesional tanto cos futuros titulados do CS de Deseño e Amoblamento como co profesorado actual.
Durante a charla destacou, especialmente, a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos durante a súa etapa académica no CIFP A Xunqueira. Tamén falou acerca do perfil de traballador/a que buscan as empresas do sector hoxe en día.
En definitiva, foi unha tarde de reflexións a ter en conta (tanto polo alumnado como polo profesorado) sobre a transición do mundo académico ao mundo laboral.