Xornadas Innovatech
Sesións de formación en relación coa convocatoria INNOVATECH
O martes, 16 de xaneiro, de 12:00 a 14:00 h, haberá unha formación gamificada (Escape room de emprendemento). A actividade está programada para o alumnado e profesorado participante nos retos Innovatech (3 grupos no noso Centro) e terá lugar por zoom, aínda que o alumnado conectarase na aula 17 do edificio principal.
O xoves, 18 de xaneiro, haberá tamén sesións de formación para os grupos de alumnado participante en Innovatech da comarca de Pontevedra. Un total de 19 equipos (95 alumnos/as) dos Centros dos CIFP Montecelo, Carlos Oroza, e o noso, así como dos IES de Vilalonga, Luís Seoane, Frei Martín Sarmiento e Armando Cotarelo Valledor. Nesta ocasión os equipos se distribuirán en 4 espazos (edificio de electrónica) para realizar a formación.