XunqueMóvete!
Dámosvos a benvida a XunqueMóvete, o blog do Plan Proxecta Proxectos de vida activa e deportiva, que se estivo levando a cabo cos ciclos de grao básico do CIFP ao longo de todo o curso nas materias de Inglés e Ciencias Aplicadas.
Este programa parte da iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co fin de fomentar as destrezas do alumnado para a súa vida cotiá, captar o seu interese cara hábitos saudables e a actividade física.
Así, neste módulos traballamos partindo dunha metodoloxía activa, fomentando o deporte no centro educativo, facéndoos partícipes e fomentando a convivencia con outros grupos.
Entra na ligazón e coñece a nosa traxectoria! https://xunquemovete.blogspot.com/?m=1