Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Videoconferencias para familias

 

Dende o CPI Alfonso VII, coa colaboración do Cfr Pontevedra, organizamos dúas videoconferencias para as familias.

A primeira sesión tratará o tema do uso abusivo das tecnoloxías por parte da mocidade e dos problemas que conleva. Contaremos coa presencia de Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social, con ampla experiencia nesta materia.
A outra conferencia correrá a cargo de Raquel Pedrouso, experta en intelixencia emocional que nos falará sobre o aspecto da saúde emocional en tempos de pandemia, xa que comezamos a notar pequenos trastornos por mor da situación tan complexa que estamos vivindo.
A ligazón e instrucións para conectarse estará dispoñible na web do cole e na Aula virtual, no espazo para familias.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut