Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Actividades

LETRAS GALEGAS 2021

O alumnado de infantil celebra o Día Das Letras Galegas, dedicado a Xela Arias. Que ben o fixeron! esperamos que vos guste!

 

 

Día de Rosalía De Castro

 

Os nenos e nenas de 4° de EI B falan sobre Rosalía de Castro. 

PARA TODOS VÓS, SUPERHÉROES E SUPERHEROÍNAS!!!

Este é o agasallo de despedida que vos temos as profes de infantil por ser uns superhéoes e unhas superheroínas durante todo este confinamento!!

Esperamos vervos pronto e poder darvos todos eses achuchóns e bicos que este curso quedaron perdidos!!

Pasade un Bo Verán!!

Unha aperta enorme!!Beso

Mari Carmen, Begoña, Rosa e Alexia

Actividades infantil: Taller de educación física

Bos días!!

Xa estamos na recta final do curso, un pouco triste rematalo deste xeito... Asi que vamos a intentar mover un pouco o esqueleto Guiño

Aquí vos deixamos o taller de educación física do profe Pencho e a profe Aida!!

Esperamos que o pasedes ben e, xa sabedes, todo aquilo que vaiades facendo nolo podedes enviar a infantilalfonsovii@gmail.com

 

Actividades para infantil: Facemos pés e mans

Boas tardes familias!!

Hoxe traémosvos unha das derradeiras actividades para facer cos peques na casa antes de que rematemos este "atípico" curso.

A tarefa consiste en facer mans e pés, veredes, resulta que o profe Pencho e a profe Aida teñen un reto preparado para que fagan os nenos/as; pero para iso, precisamos ter os materiais que nos fan falla preparados. 

Por isto, deberedes facer mans dereitas e esquerdas, pés dereitos e esquerdos, o podedes facer do xeito que queirades: imprimindo plantillas de internet nun folio, en cartolina, goma eva... É aconsellable que escollades dúas cores para que ao inicio lles resulte máis fácil a actividade, por exemplo mans verdes e pes vermellos...

A cantidade a facer depende da idade dos nenos/as, canta máis cantidade, máis opcións de xogo Guiño

Veña, mans á obra, que nuns días chega o reto!!

Actividades infantil: De que cor é un BiCO?

Boas tardes a todos e todas!!

Hoxe traemos un novo conto "De que cor é un BiCO?", vos que credes?  de que cor son os voso bicos? A ver si podedes axudar á profe Alexia a descubrir de que cor son os dela!

Lembrade, que todas as actividades que fagades nolas podedes enviar a infantilalfonsovii@gmail.com

Esperamos que vos guste!!

Actividades infantil: Novo taller de papiroflexia

Ola a todos e todas!

Hoxe traemos un novo taller de papiroflexia coa profe Rosa, a que o do canciño encantouvos? Pois este está aínda mellor!! Guiño

Cando rematedes, xa sabedes que nos podedes enviar as fotos a infantilalfonsovii@gmail.com

Esperamos que vos guste!!

Actividades infantil: Tito fai de malabarista

Bos días!!

Como foi a fin de semana? Todos/as ben?

Hoxe traémosvos un novo conto, titúlase "Tito fai de malabarista". Se clicades na imaxen accededes a el.

E, para despois do conto, unha nova proposta de actividade. Como hai figuras xeométricas polo medio, pensamos que estaría ben xogar un pouco con elas. Asi que coa axuda de palillos e gominolas (tamén podedes empregar a plastelina que fixemos a semana pasada) vamos a crear diversas formas. Quedan á vosa disposición unhas plantillas para que poidades ter de referencia, hai figuras en dúas diomensións e en tres dimensións; é aconsellable comezar polas mais sinxelas e ir aumnetando a dificultade.

Cando as teñades creadas, queremos velas!! Guiño Xa sabedes, infantilalfonsovii@gmail.com

 

Actividades infantil: Plastelina casera

Ola familias!

Aquí traemos hoxe un novo taller, esta vez faremos plastelina coa profe Begoña. Os ingredientes que precisamos son moi pouquiños e seguro que os tendes na casa.

Lembrade que temos á vosa disposición o noso mail infantilalfonsovii@gmail.com para que nos enviedes todas aquelas tarefas que vaian facendo os pequenos/as.

Esperamos quevos guste!

Boa fin de semana!!

Actividades infantil: recortamos

Ola familias!!

Esta semana deixamos por aquí unhas fichas para traballar coas tesoiras, son actividades que nos permiten tamén traballar o trazo polo que, con anterioridade, os nenos/as poderán repasar con rotuladores para, seguidamente, empregar a tesoira.

Son fichas sinxelas e, como xa comentamos noutras ocasións, non é preciso que imprimades, podedes adaptalas e facelas vos na casa copiando os patróns. A continuación, clicando na imaxe, poderedes acceder a elas.

Lembrade mantervos ao lado dos pequenos/as cando fagan o traballo, así como vixiar que collen o material axeitadamente.

Tedes á vosa disposición o noso mail infantilalfonsovii@gmail.com para dúbidas e envío de actividades. 

Un saúdo!

Distribuir contido


by Dr. Radut