Skip to Content

Abalar Móbil e Edixgal

Aula Virtual

Contratos programa e ARCO

COVID-19

 

DOCUMENTACIÓN

COVID19

 

 

 

Novas

Matrícula do alumnado da ESO que tivo exames en setembro

 

MATRÍCULA DE ALUMNADO DA ESO QUE TIVO EXAMES EN SETEMBRO

O alumnado que tivo exames en setembro pode matricularse ata o día 10 de setembro.

Poden descargar a documentación dende esta páxina web, cubrila e entregar presencialmente ou a través do correo electrónico do centro cpi.alfonso.vii@edu.xunta.gal

Alumnado Secundaria

-Solicitude de matrícula cuberta: descargar aquí

-Impreso de actualización de datos e transporte cuberto: descargar aquí

-Resgardo do pago do seguro escolar (só alumando de 3º e 4º) 1,12€ en ABANCA nº conta ES45 2080 5413 1530 4010 3636 poñendo no concepto o nome do alumno/a.

-Impreso de opcións de optativas:

 

-Autorización de uso da imaxe: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumnado en horario lectivo: descargar aquí

-Autorización se o alumno pode ir só para casa á saída do centro: descargar aquí

-Solicitude comedor: descargar aquí

-Solicitude Plan Madruga (xestionado pola ANPA): descargar aquí

Publicación listaxes definitivas comedor

LISTAXE DEFINITIVA COMEDOR ESCOLAR

 

A partir de mañá 3 de setembro de 2020 estará exposta no taboleiro do centro a listaxe definitiva do comedor escolar para o curso 2020-2021.

Reunións coas familias

Estimadas familias, 

ante este comezo de curso tan inusual invitámosvos a asistir a unha reunión informativa previa ao inicio das clases.

Aquí os horarios según os cursos:

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020-2021

 

COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2020-21

 

Estimadas familias:

Dende o CPI Plurilingüe Alfonso VII xa estamos preparando este diferente inicio de curso adoptando as mellores medidas posibles.

 

Ao longo do mes de setembro darémosvos toda a información necesaria para comezar as clases, sabendo que, a día de hoxe, o inicio será:

-día 10 de setembro para Infantil e Primaria

-día 16 de setembro para a ESO

 

Cando as diferentes Administracións (sanitaria e educativa) publiquen as súas instrucións oficiais, pecharemos o noso Protocolo contextualizado e o Plan de Acollida pertinente.

Recibide un cordial saúdo.

Equipo Directivo

Presentación matrícula por correo electrónico e presencial

DOCUMENTOS E INSTRUCIÓNS PARA A MATRÍCULA

Preferentemente presentación via correo electrónico ao centro cpi.alfonso.vii@edu.xunta.gal

Os documentos poden descargarse dende a web (ver máis abaixo), cúbrense no ordenador ou manualmente e engándense nun correo electrónico poñendo no asunto Matrícula “nome do alumno”

 

Prazos para entrega online:

 

  • Infantil e primaria: a partir do 22 de xuño e ata o 10 de xullo

 

  • Secundaria: a partir da publicación das notas o día 25 de xuño ata o 10 de xullo

 

Documentación a presentar:

Alumnado NOVO de infantil e primaria:

-Solicitude de matrícula cuberta: descargar aquí

-Recollida de datos do alumno: descargar aquí

-Autorización de uso da imaxe: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumnado durante o horario lectivo: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumno ao remate da xornada escolar: descargar aquí

-Autorización se o alumno pode ir só para casa á saída do centro: descargar aquí

-Solicitude comedor: descargar aquí

-Solicitude Plan Madruga (xestionado pola ANPA): descargar aquí

 

Alumnado de infantil e primaria que xa estaba no centro:

-Impreso de actualización de datos cuberto: descargar aquí

-Autorización de uso da imaxe: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumnado durante o horario lectivo: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumno ao remate da xornada escolar: descargar aquí

-Autorización se o alumno pode ir só para casa á saída do centro: descargar aquí

-Documentación separación e/ou tutela se houbo algún cambio.

-Solicitude de comedor: descargar aquí

-Solicitude Plan Madruga (xestionado pola ANPA): descargar aquí

 

Alumnado Secundaria

-Solicitude de matrícula cuberta: descargar aquí

-Impreso de actualización de datos e transporte cuberto: descargar aquí

-Resgardo do pago do seguro escolar (só alumando de 3º e 4º) 1,12€ en ABANCA nº conta ES45 2080 5413 1530 4010 3636 poñendo no concepto o nome do alumno/a.

-Impreso de opcións de optativas:

 

-Autorización de uso da imaxe: descargar aquí

-Autorización das persoas que poden recoller ao alumnado en horario lectivo: descargar aquí

-Autorización se o alumno pode ir só para casa á saída do centro: descargar aquí

-Solicitude comedor: descargar aquí

-Solicitude Plan Madruga (xestionado pola ANPA): descargar aquí



Para presentación presencial establécense as seguintes quendas:

 

 

Curso no que se matricula

Data

ESO

1, 2 e 3 de xullo

5º e 6º de primaria

6 e 7 de xullo

3º e 4º de primaria

7 e 8 de xullo

1º e 2º de primaria

8 e 9 de xullo

INFANTIL

9 e 10 de xullo

 

 

Revista Falaquente 19

Publicación online da revista Falaquente 19

 

Este ano, debido á situación especial que estamos vivindo, a publicación da revista é dixital así que a podedes visualizar picando na seguinte imaxe.

Agradecemos infinitamente o esforzo a todos e todas as que colaborastes para poder sacala adiante.

 

 

 

Revista Falaquente 20

 

Publicación online da revista Falaquente 20

 

Debido a que seguimos en situación especial a revista volve publicarse dixitalmente así que a podedes visualizar picando na seguinte imaxe.

Agradecemos infinitamente o esforzo a todos e todas as que colaborastes para poder sacala adiante.

 

 

Publicación online da revista Falaquente 21

 

 

Listaxe de libros de texto para o curso 2020-21

 

Listaxe de libros de texto para o curso 2020-2021

Pica na imaxe para ver en grande e descargar

Publicación cualificacións finais

 

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS

 

As notas finais poderán consultarse no Abalar Móbil.

Infantil e Primaria o día 19 de xuño a partir das 14h.

Secundaria o día 25 de xuño a partir das 14h.

Información prazos diversos

 

INFORMACIÓN PRAZOS VARIOS

Estes prazos son provisionais, puidendo sufrir cambios se as autoridades e a situación sanitaria así o indican.

 

1- Admisión do novo alumando

 

O prazo para solicitar praza xa rematou.

Para acceder a 3 anos de infantil hai máis demanda que prazas polo que é necesario facer baremo.

 

Prazos:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

Os admitidos formalizarán a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.




2- Matrícula para o alumnado que xa está no centro 

 

Teñen a reserva de praza automática.

  • O alumnado que aproba todo en xuño fará a matrícula no prazo ordinario do 1 ao 10 de xullo.
  • O alumnado que use a convocatoria de setembro fará a matrícula no prazo extraordinario en setembro.

 

3- Recollida de material que quedou nas aulas

 

A partir do 25 de maio os proxenitores, (os nenos/as NON) poderán vir recoller o material que quedou nas aulas.

Que material se pode recoller?

  • Os libros propios do alumno.
  • Os libros de texto do Fondo de libros do cole que sexan IMPRESCINDIBLES para o que queda de curso. O resto é mellor non levalos porque haberá que devolvelos máis tarde.
  • Material propio que xa non haxa que devolver ao centro.

 

Estableceranse quendas para repartir o acceso ao edificio e asegurar as medidas

de protección necesarias. Avisarase a través do Abalar móbil ou nesta web.

 

4- Devolución dos libros en préstamo do Fondo Social. 19 de xuño- 7 de xullo

 

Unha vez rematado o período lectivo, do 19 de xuño e ata o 7 de xullo  aquelas familias ás que se lles emprestaron libros do centro a través do Fondo Social terán que devolvelos.

Establecerase un protocolo e quendas para asegurar as medidas de protección sanitarias necesarias. Avisarase a través do Abalar Móbil ou nesta web.

Se algunha materia non se superou e se fai uso da convocatoria de setembro o seu libro de texto pode devolverse ao rematar a proba de setembro.

 

O centro agradece que as familias donen os libros que mercaron e non van usar.

 

5- Fondo social e axudas para material escolar

 

O prazo para presentar as solicitudes remata o 19 de xuño. 

Estas axudas van dirixidas ao alumnado que se vai matricular nalgún curso de Educación Primaria e Secundaria.

 

Hai tres modalidades:

 

-Libros do fondo social. Se a familia ten dereito o centro emprestaralle de 1 a 9 libros de texto que despois devolverá en bo estado. A entrega destes libros ás familias farase en setembro.

-Cheque para mercar material escolar. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar material escolar avisaremos, a través de Abalar Móbil,  de cando pode vir recollelo ao centro.

-Cheque para mercar libros do fondo social. Esta opción acontece nos cursos nos que se cambie a editorial do libro. As familias con dereito a préstamo de libros, neste caso, recibirán un cheque para mercar de 1 a 9 libros na librería, pero serán propiedade do centro e terán que devolvelos cando remate o curso. Se a familia ten dereito ao cheque para mercar libros avisaremos, a través de Abalar Móbil,  de cando pode vir recollelo ao centro.

 

O alumnado dos cursos que participan en Edixgal: 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO non pode acceder aos libros do fondo social nin ao cheque para mercar  libros pero sí poden solicitar o cheque para material escolar.

 

Instrucións e información para solicitude de todas estas axudas na nosa web, picando aquí.

 

 

Fondo libros e axudas material escolar para o curso 2020-2021

FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

 

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado de Educación Primaria e ESO.

prazo de solicitude remata o 19 de xuño.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes póndese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude editable no propio ordenador picando aquíimprimila e presentala no centro xunto coa documentación requerida .

  • Descargar a solicitude picando aquí, imprimila, cubrila manualmente e presentala no centro xunto co resto da documentación requerida.

 

Para poder cumprir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, estableceranse quendas por curso:

 Datas

Curso no que se matriculará o/a alumno/a

no curso 2020-2021

25 ao 29 de maio 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
 1 ao 5 de xuño  4º, 5º e 6º e Educación Primaria
 8 ao 12 de xuño  ESO

 

Familias con varios irmáns no centro: só presentarán unha única solicitude podendo elexir a quenda que máis lle conveña.

 

Rogamos que veña toda a documentación xa cuberta e preparada para axilizar os trámites e que a permanencia no centro sexa o máis breve posible.

Para máis información: 

https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

 

Distribuir contido


by Dr. Radut