Skip to Content

Participación do CPI Plurilingüe O Cruce na EU Code Week

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou no mes de novembro na EU Code Week cunha actividade que consistiu en deseñar e construir taboleiros Bee-Bot para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria. 

Construiron taboleiros inspirados en temas cos que o alumnado está a traballar nos seus proxecto: África, o mar, seguridade viaria... e tamén de Samaín. Onte tiveron ocasión de ensinar ao alumnado de 6º A e 6º B como programar os Bee-Bot para chegar aos debuxos da sua elección e crear as súas historias.

O centro, e tamén o alumnado participante, recibiu o seu certificado oficial de participación na actividade. Bo traballo! 

Máis información | EU Code Week



story | by Dr. Radut