Skip to Content

Clube de lectura 4º

Durante este trimestre, as nosas alumnas do clube de lectura de 4º de E.P. estiveron lendo o libro ''O misterio dos fillos de Lúa'', da nosa autora patria, Fina Casalderrey. Cando fixemos a reunión todas estivemos dacordo en que o libro fora moi entretido de ler, e moi divertido, pese a que non contaba moito. A historia, narrada dende o punto de vista dun neno, que quere descubrir quen rapta aos fillos da súa gata Lúa, e moi cotiá, contándonos o día a día na aldea dun neno, a súa familia e a súa amiga Blanca.

Como non podía ser doutra forma, decidimos que queriamos decorar uns gatiños, como os fillos de Lúa, así que imprimimos uns cantos na impresora 3D e pintámolos con pintura acrílica. Este foi o resultado, e cada unha puido levar o seu gatiño a casa.

Club lectura 4º



story | by Dr. Radut