Skip to Content

Concerto didáctico en Santiago

O 2 de febreiro fuimos co alumnado de 3º da ESO ao Auditorio de Galicia de Santiago para asistir ao concerto Xogo de espellos.Unha ollada a través da música electrónica,con obras para piano,orquestra e electrónica do compositor e pianista Javier Otero.O concerto tivo como intérpretes  ao propio Javier Otero ao piano xunto a Rubén Iglesias ao baixo eléctrico e sintetizadores e aos músicos da Real Filharmonía de Galicia.

ÉRASE UNHA VEZ EN RIANXO

Hoxe o alumnado de 4º ESO desprazouse a Rianxo para realizar o roteiro de Castelao e visitar a Casa-Museo de Manuel Antonio.

Tiveron a sorte de contar cun día fantástico e así poder aproveitar mellor o tempo para coñecer os espazos  vitais de dous dos autores máis fundamentais da literatura galega.

Cloud Photo Contest

O departamento de inglés colabora co club de ciencia no CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NUBES. 

Le ben as bases que aparecen aquí, mira moi ben ao ceo, caza historias nel, atopa personaxes escondidos nas nubes, disfruta da actividade e sorte cos premios!

 

 

Reserva de praza alumnado curso 2023/24

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2023/24 coa fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo estará aberto do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 ambos incluídos. A solicitude pódese facer en liña, través da correspondente aplicación, ou de xeito presencial no centro.

Achéganse os impresos en galego e castelán para a reserva de solicitude.

Máis información | Admisión alumnado

Felices festas!

O CPI O Cruce recibe o Recoñecemento á calidade dos proxectos Erasmus+ 2022

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), celebra as súas "Xornadas Anuais de Difusión e Informativas Erasmus+" nestes días 19 e 20 de decembro de 2022, de xeito presencial no Teatro Real de Madrid e virtual con streaming a través da canle de Youtube do SEPIE.

25N O CPI O Cruce contra a violencia de xénero

Distribuir contido


by Dr. Radut