MATRÍCULA 1º ESO

IMPRESOS 1º ESO

MATRÍCULA ESO

 

 

 

MATRÍCULA ALUMNADO ESO

O alumnado con materias pendentes deberá esperar a matrícula de setembro, o alumnado que teña todas as materias superadas deberá realizar a matrícula nas seguintes datas:

 

1º ESO 2-3 de xullo

 

2º ESO 3-4 de xullo

 

3º ESO 4-5 de xullo

 

4º ESO 5-6 de xullo

 

DOCUMENTACIÓN PRECISA:

 

ALUMNADO DE 1º e 2º ESO

 

  • Impresos de matrícula debidamente cumprimentados e asinados polo pai/nai, titor/a legal do alumno/a

 

ALUMNADO DE 3º ESO:

 

  • Impresos de matrícula debidamente cumprimentados e asinados polo pai/nai, titor/a legal do alumno/a

 

  • Solicitude NUSS(número de afiliación a seguridade social debidamente cumprimentada e asinada polo pai/nai, titor/a legal do/a alumno/a)

  • Fotocopia do DNI dos pais e do/a alumno/a

  • 1,12€ Para o seguro escolar

 

As fotocopias do DNI son para adxuntar a solicitude de NUSS e posterior envío á Seguridade Social, dito documento é obrigatorio ao cursar 3º ESO.

 

ALUMNADO 4º ESO

 

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2018/2019 ESO

ESO

OS LIBROS DE TEXTO DE 1º ESO ESTÁN PENDENTES DA APROBACIÓN DO PROXECTO EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL

IMPRESOS PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

As familias poden descargar os impresos para formalizar a matícula do E.I e E.P nos seguintes ficheiros adxuntos ou na aplicación TokApp.

MATRÍCULA ALUMNADO INFANTIL E PRIMARIA

 

Infórmolle que a matrícula para o alumnado de infantil e primaria realizarase os días 22 e 25 de xuño.

 

Enviamos un impreso que deben traer cuberto ademais da documentación

 

Documentos a xuntar á solicitude de matrícula:

 

  • Fotocopia do libro de familia

  • Fotocopia do DNI do alumno (en caso de telo)

  • Fotocopia do DNI dos pais/titores

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

  • Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio (de se-lo caso)

  • 2 fotos tamaño carné (co nome por detrás)

  • Solicitude fondo libros

  • Solicitude comedor

O NOSO CENTRO

O NOSO CENTRO 

 

O CPI DE XANCEDA é un centro pequeno no que conviven tres etapas: infantil, primaria e secundaria. 

Na Educación Infantil só hai unha clase para 3, 4 e 5 anos. Na Educación Primaria seis clases para cada liña. 

 

 

 

 

 

Na planta baixa ademáis dalgunhas aulas tamén está a biblioteca para uso do todo centro. Tamén a sala de profesores de primaria e secundaria además dos depachos de dirección, secretaría e xefatura de estudos e o comedor. 

No primeiro piso además dalgunhas clases sitúanse a aula de música e usos múltiples e as aulas de PT e AL. 

Na secundaria temos catro clases para cada liña e dous desdobres. Tamén temos dúas aulas de informática, un laboratorio, un aula de plástica e unha de tecnoloxía.Tamén están os departamentos. 

A aula de plástica sitúase na parte baixa do edificio. Esta materia impártese en 1º e 3º. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os departamentos están no segundo andar e están preto das aulas. 

As aulas de informática e laboratorio sitúanse na parte baixa e as primeiras son de uso colectivo do centro (infantil, primaria e secundaria). A de laboratorio e plástica só para uso de secundaria. 

A zona de secundaria e moi luminosa pero quente no verán e fría nos meses de outono, inverno e primaveira. 

 

 

 

 

 Realízanse moitas actividades ao longo do ano, celebrando as datas sinaladas (magosto, nadal, entroido, día do peón, día da paz, letras galegas...). Cabe destacar o acto de final de curso de graduación dos alumnos de 6º e 4º ESO,  e as saídas de interese pedagóxico son múltiples tanto na educación infantil, primaria e secundaria.

 

Fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018/2019

Anexos I e II do procedemento ED330B relativos ao fondo solidario de libros de texto, axudas para libros e axudas para material escolar para o curso 2018/2019

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

 

Anexos I e II: Solicitude

Powered by Drupal - Design by artinet