ALERTA LARANXA POR REFACHOS DE VENTO

       Alerta laranxa por refachos de vento de ata 100/km durante o 22 de novembro na provincia da Coruña e mariña de Lugo
 
 
Mar, 21/11/2017 - 16:14
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 9 horas en adiante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

 

XANCEDA YOUTUBE

No enlace que aparece a continuación tedes vídeos e fotos ata o curso 2015 das actividades realizadas no centro. A partir de agora no bloque da dereita en XANCEDA TV (Youtube nova poderedes ver os vídeos novos)

https://www.youtube.com/user/cpidexanceda

RECOLLIDA ALUMNADO NO CENTRO E TRANSPORTE

A instrucción conxunta 9/2017 da Secretaría Xeral Técnia e da Dirección de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación establece recomendacións sobre a saída dos alumnos escolarizados nos centros educativos da Comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

Atendendo a estas recomendacións os Centros Educativos e Transporte escolar deben estar informados sobre a identidade das persoas autorizadas a recoller ao alumnado tanto na parada do transporte como no propio centro educativo. O alumnado menor deberá ser recollido unicamente polos titores legais e as persoas autorizadas ao efecto por eles. Tamén poderán autorizar aos seus fillos a partir de 5º de primaria a recoller e acompañar aos irmáns menores ou ir andando dende a parada do autobús ata a casa. En ningún caso o alumnado de infantil, 1º,2º,3º,4º de primaria poderá ser recollido por alguén que non estea autorizado.

4º ESO (PROMOCIÓN 2004/17)

Disfrutamos do vídeo realizado por Javier Barreiro da promoción 4º ESO (2004/17)

 

CELEBRAMOS SANTA CECILIA 2016

CELEBRANDO SANTA CECILIA NO CURSO ANTERIOR COA PRESENCIA DO GRUPO OS MONCHITOS. CON TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO QUE DISFRUTARON DOS DIVERSOS ESTILOS MUSICALES E DOS INSTRUMENTOS EN VIVO. 

LIBROS 2º ESO E 4º ESO

  LIBROS 2º ESO E LIBROS 4º ESO

ENTREGA:

          MARTES 26 DE SETEMBRO.

          MÉRCORES 27 DE SETEMBRO.

ENTREGA DE LIBROS ALUMNADO OPCIÓN ACADÉMICAS 4º ESO

LUNS 25 DE SETEMBRO ENTREGA DE LIBROS ALUMNADO 4º OPCIÓN ACADÉMICAS

LIBROS 3º ESO

ENTREGA LIBROS:

3º ESO

MARTES 19 DAS 12 ATA AS 16 H

MÉRCORES 20 DAS  9 ATA  AS 12 H.

Fondo libros ESO curso 2017/18 listaxes definirivas

Fondo libros ESO curso 2017/18

listaxes definirivas

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA

A entrega dos libros de texto realizarase do seguinte xeito:

6º PRIMARIA: LUNS 24 DE XULLO

5º PRIMARIA: MÉRCORES 26 DE XULLO

3º PRIMARIA: XOVES 27 DE XULLO

4º PRIMARIA: VENRES 28 DE XULLO

 

O HORARIO SERÁ DE 10:00 A 13:00 HORAS

Powered by Drupal - Design by artinet