PRESENTACIÓN DE AUTODECLARACIÓN PARA COMEDOR

O impreso pódese presentar ata o 11 de setembro, e para cumprimentalo é necesario traer a declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2016.

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI DE XANCEDA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI DE XANCEDA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2017-2018

 

 

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2017-2018, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor ecolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2017, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

 

Durante o curso escolar 2017-2018 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

 

 

En Xanceda, a 3 de xullo de 2017 .

 

A directora do centro,

 

 

 

 

Asdo: Mª Cristina Mourelo Barreiro

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

 

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

 

 

 

 

Venres 1

Luns 4

Martes 5

 

9:30- 11:00

 

 

Inglés

Pendentes Matemáticas

Matemáticas

 

Xeografía e Historia

 

11:00- 12:30

 

 

Física e química

 

 

Pendentes Lingua Castelá

Lingua Castelá

 

 

 

 

Francés

 

12:30- 13:30

 

Bioloxía e xeoloxía

 

 

Lingua Galega

13:30 – 14:30

EPVA ( PLÁSTICA)

 

 

 

 

FOLGA TRANSPORTE 20 E 21 DE XUÑO

Os días20 e 21 de xuño está convocada unha folga xeral de carácter indefinido no sector de transporte de viaxeiros por estrada (martes e mércores de cada semana).

 


O transporte escolar terá a consideración de
 servicio mínimo de obrigado cumprimento nos seguintes termos:

 

Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7.30 ata as 10.30 horas e os de saída desde das 13.30 ás 19.00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km.
Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais todos os itinerarios existentes nos horarios habituais
.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/22527

VIAXE PORTUGAL FIN DE CURSO 4º ESO CURSO 2016-17

   OS/AS ALUMNOS/AS GOZARÁN DUNHA VIAXE CULTURAL E LÚDICA VISITANDO ENTRE OUTRAS LISBOA, SINTRA, ALGARVE (Portimao, Vilamoura, Albufeira, Sagres...)

APERTURA DA COLABORACIÓN VOLUNTARIA NO SERVIZO DE COMEDOR

Abrimos un novo prazo urxente para completar a colaboración voluntaria no servizo de comedor. O servizo precisa urxentemente, alomenos, dunha nova colaboración durante o terceiro trimestre.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

 

A Dirección

NOTA ACLARATORIA SOBRE A SUSPENSIÓN DO TRANSPORTE DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Diante das dúbidas suscitadas por membros da comunidade educativa, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere aclarar o sentido da nota de prensa sobre a suspensión de transporte escolar:

  1. O transporte de entrada aos centros educativos está suspendido a partir das 12,00 horas en determinadas zonas, dado que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) declara un fenómeno adverso meteorolóxico a partir das 12 do mediodía de mañá mércores día 22 de marzo (salvo as puntualizacións nas zonas de montaña de Sur de Ourense, Montaña de Lugo, Montaña de Ourense e Valdeorras). A prioridade en cada unha destas decisións é a seguridade e salvagarda do alumnado.
  2. A suspensión do transporte escolar afecta dende o momento en que se declaran circunstancias meteorolóxicas adversas pola AEMET, polo que non haberá transporte de recollida do alumnado mañá a mediodía nin, no seu caso, transporte de tarde. Diante desta circunstancia, os proxenitores elixirán recoller ao alumnado mediante medios de transporte non colectivos, ou non enviar ao alumnado ao centro educativo. A decisión de suspender o transporte de regreso baséase na situación de risco existente para o transporte colectivo, en función da predición meteorolóxica comunicada polo organismo con competencias sobre a materia, a AEMET.
  3. Os centros educativos, dado que non existe suspensión da actividade lectiva, permanecerán abertos durante toda a xornada lectiva.
  4. Salvo que se comunique o contrario por cambio nas predicións meteorolóxicas, o xoves día 23 de marzo, non haberá transporte de entrada aos centros educativos, polo que o alumnado, para as familias que o desexen, deberá acceder aos centros en transporte non colectivo. Dado que o adverso meteorolóxico finaliza o día 23 ás 12,00 horas do mediodía, si existirá transporte de regreso desde os centros educativos.
  5. A Consellería quere aclarar que noutras ocasións suspendeuse o transporte de entrada e saída dado que a comunicación das circunstancias meteorolóxicas adversas iniciáronse antes do comezo das clases.
  6. A Consellería quere poñer de manifesto que o transporte en vehículos colectivos supón un risco maior que noutro tipo de vehículos, polo que adopta a decisión de suspender o transporte escolar co fin de garantir a seguridade do alumnado.
  7. Na adopción desta decisión prima, en todo momento, a seguridade do alumnado que emprega transporte escolar, tendo en conta as previsións de alertas meteorolóxicas da AEMET, que son diferentes en cada área xeográfica en función do risco de nevarada. 

 https://www.edu.xunta.gal/portal/node/21569

ADMISIÓN CURSO 2017/18

 

 

POSTOS VACANTES CURSO 2017-2018

 

GRUPOS

Nº TOTAL DE POSTOS

POSTOS VACANTES

POSTOS PARA O ALUMNADO CON NEE

 

3 ANOS

 

 

3

EDUCACIÓN INFANTIL

4 ANOS

45

30

 

 

5 ANOS

 

 

 

 

25

16

3

 

25

15

 

 

25

9

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

25

12

 

 

25

14

 

 

25

4

 

 

30

18

3

ESO

30

7

 

30

14

 

30

12

 

Presentación de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLO NOVO ALUMNADO

   Solicitude de Reserva

      

Copia do DNI dos pais cando se denegue a súa consulta

  

Copia do DNI  do solicitante //Libro de familia

  Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Todo o relativo ao procedemento de admisión  réxese pola orde do 12 de marzo de 2013 (ver orde) e do 25 de xaneiro de 2017 (ver orde)

Todo aquel alumno ou alumna que desexe facer a súa reserva de praza ou solicitude de admisión de forma telemática poderá facelo no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ 

 

O prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo (nos centros onde a demanda de prazas sexa superior á oferta): do 23 de marzo ao 3 de abril.

Powered by Drupal - Design by artinet