Campaña de Recollida de Alimentos 2015. Participa!!

Do 1 ao 14 de Decembro recolleremos alimentos non perecedoiros para axudar ás familias da nosa contorna que poidan precisalos. Grazas de antemán pola vosa colaboración!!

Carreira Solidaria: 1.173,42 euros recadados!

Na Carreira Solidaria organizada no centro o día 29 de outubro, recadáronse 1.173,42 euros para Save The Children, ONG que traballa para combater a pobreza infantil. Grazas a todos polo voso esforzo, tanto deportivo como económico.

Día do peón

Polo San Martiño, peóns ao camiño.   Seguindo o noso refraneiro popular, o pasado 11 de novembro celebramos o Día do Peón no CPI de Xanceda cun Concurso de Decorado de Peóns e outro de Baile de Peóns. 

Gañadores:

CONCURSO DE DECORADO DE PEÓNS:

CONCURSO DE BAILE DE PEÓNS:

 

 

Comedor Escolar 2014-2015

- Está aberto o prazo para voluntarios/as colaboradores/as de comedor. Interesados/as dirixirse a Secretaría do centro de 10 a 14 horas.

- Hai que presentar modelo de autodeclaración debidamente cumprimentado antes do 10 de setembro, agás aqueles que non teñan obriga por nivel de renda. Achégase modelo adxunto.

Powered by Drupal - Design by artinet