Iniciar sesión: Acceso

XOVES DE COMADRES

 

O xoves 3 de marzo todos os nenos e nenas do centro celebraron o xoves de comadres pola tarde. Todos xuntos dixímonos a praza do pobo, na cabeceira o folión da Gudiña formado polos alumnos e alumnas da ESO que amenizaron cos seus tambores o noso camiño ata a praza.

Cando chegamos os nenos e nenas de infantil e primaria correron cas súas comadres, logo os pais e nais xunto cos profesores e profesoras tamén correron

Os alumnos e alumnas da ESO dirixidos pola profesora de música realizaron unhas danzas espectaculares das que todos poidemos disfrutar. 

O alumnado de 2º da ESO realizou un baile tradicional de Cuzco (Perú) e o alumnado de 3º da ESO interpretou un baile renacentista "Rostiboli Giogioso"

 

O centro invintou a todos os asistentes a chocolate con biscoitos.

E finalmente todos, especialmente os nenos e nenas, disfrutaron xogando ca fariña.

Desde o centro queremos agradecer a estimable colaboración tanto da cruz vermella como a de protección civil da Gudiña.

Se queres ver máis fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.