O alumnado da Mata únese á iniciativa do IES Rafael Dieste para potenciar o uso do galego. A campaña, dinamizada por estudantado de toda Galiza, distribúe cartaces por todos os establecementos do país. Durante o Entroido, o noso alumnado repartiraos polo Concello para quen se queira sumar. Consiste en sacar unha foto co dono ou dona do establecemento sostendo o cartel diante do seu local.
A Mata está co galego!!!!
.