Charla informativa: familias alumnado 3.º ESO

O vindeiro martes 14 de maio terá lugar ás 17:00 horas na Biblioteca do CPI unha charla informativa dirixida ás familias do alumnado de 3.º de ESO sobre as optativas que poden elixir para 4.º de ESO, así como os itinerarios de cara a facer bacharelato ou ciclos.

 

 

CHARLA: Uso e abuso de pantallas

O vindeiro martes 14 de maio ás 19:00 horas haberá unha charla dirixida a familias e educadores/as en xeral, titulada "Uso e abuso de pantallas".

Forma parte das charlas que o centro organiza para familias en colaboración coa ANPA.

A persoa que a impartirá chámase Mª del Camino Rodríguez Álvarez.

É necesario apuntarse presencialmente ou por teléfono (886120385) en secretaría.

Haberá servizo de canguro para as familias que o necesiten.

 

Accede aquí á prematrícula online de Bacharelato IES A Sangriña

Accede desde esta publicación á nova canle do IES A Sangriña para as prematrículas e as matrículas do Bacharelato. A continuación, facilitámosche as ligazóns de acceso aos formulario web de prematriculación. Podes realizar este proceso entre os días 3 e 13 de maio, ambos incluídos.

O proceso de prematriculación implica:

  1. Cubrir o formulario web cos datos de identificación tanto do/a alumno/a como do seu responsábel legal.
  2. Achegar todos os datos necesarios (marcados no formulario cun asterisco vermello).
  3. O envío dunha única prematrícula por estudante (que se identificará co DNI do/a alumno/a).
  4. O emprego dunha conta de e-mail válida e actualizada por parte do responsábel legal do alumno, pois será nese enderezo onde se recibirá o comprobante da prematrícula.
  5. O número de DNI do responsábel legal do/a alumno/a poderá repetirse, pois un mesmo responsábel legal pode ter ao seu cargo a varios/as estudantes.
  6. Cando o formuario nos avisa de que nos encontramos diante da última pantalla e podemos premer en "Confirmar e enviar" debemos ser concientes de que a nosa prematrícula se consignará no sistema, non podendo empregarse o DNI do alumno en novos formularios.
  7. Unha vez que o sistema nos indique que a prematrícula se realizou correctamente e a recibamos no noso e-mail, procederemos a imprimir o correo electrónico e a entregalo asinado na secretaría do IES A Sangriña (de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00). Só tras este trámite se considerará que o proceso de prematriculación foi concluído con éxito.

O luns 13 de maio será o derradeiro día habilitado para a entrega do comprobante da prematrícula asinado.

Accede desde a seguinte ligazón á prematrículas do Bacharelato:

PREMATRÍCULA BACHARELATO 2024 - 2025

Hai unha pequena variación respecto á simulación vista en días anteriores, dividírona en dous formularios por razóns técnicas, pero a nivel de contido son iguais ao que había.

 

CONVOCATORIA DAS BECAS DO MEFPD PARA O CURSO 2024/25

Dirixidas ao alumnado que o curso 2024-25 vai estudar:
- BACHARELATO.
- FP de grao medio e superior (CICLOS).
- FP BÁSICA.
- Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores.
- Ensinazas de idiomas en Escolas Oficiais
- Ensinanzas deportivas.

Prazo: do 19 de marzo ás 9 h, ao 10 de maio ás 15 h.

É importante que o alumnado pida a beca neste prazo aínda que non saiba o que vai estudar nin onde nin se vai seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderá pedir para o curso 24-25. Solicita a túa beca aínda que non saibas o que vas a estudar ou incluso se vas ou non a estudar.

O alumnado de ESO que teña intención de facer FP básica tamén debe solicitar a beca neste prazo.

Se cambia de opinión dos estudos que quere realizar, terá un prazo para modificar a solicitude.

Máis información en:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

Pasos para solicitala: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla

MEFPD: Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes.

.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.