Skip to Content

Normas

Normas de Funcionamento

Neste momento existen uns criterios para o funcionamento do comedor que poderíamos resumir así:

  • Os profesores do Centro que fan uso do mesmo, son os encargados da súa vixilancia mediante quendas establecidas.
  • Os/as alumnos/as comen en dúas quendas diferentes. No primeiro comen os/as nenos/as de Ed. Infantil e Ed.Primaria e no segundo os/as almnos/as de ESO.
  • Todos/as os/as nenos/as comen en mesas de catro.
  • Existen unhas normas para organizar o funcionamento en tres ámbitos diferentes:
    • No propio comedor, no referido ó comportamento e usos de urbanidade que hai que ter á hora da comida.
    • No tempo que queda libre dende que remata a comida ou antes de comer no caso da ESO.
    • Na colaboración dos/as alumnos/as no servicio e reparto da comida.

Comedor

  • Hai que manter os hábitos de hixiene e limpeza acordes coa comida.
  • Todos os alumnos/as sentarán sempre no lugar que teñan asignado, agás que sexan cambiados por un profesor.
  • Só estarán de pé os sevidores.
  • Hai que servirse e probar de todo.
  • Non se pode xogar coa comida.
  • Hai que manter unha actitude de respecto cos compañeiros, persoal de cociña e profesores de garda.
  • Hai que falar en voz baixa, procurando non elevar o tono de voz, dar berros ou facer ruidos innecesarios.
  • Sairemos do comedor cando nolo indique o profesor de garda.

Recreo

  • Non está permitido permanecer en ningunha dependencia do interior do colexio sen permiso ou causa xutificada.
  • Os baños que se utilizarán serán os situados ó lado do comedor.
  • Non se pode saír do recinto escolar.
  • Non se pode permanecer nos espazos do patio situados detrás do edificio vello do colexio, do pavillón e do patio cuberto.
  • Hai que compartir con harmonía e repecto os espazos externos dos que dispón o colexio. Así como os materiais de xogo que utilicen os distintos compañeiros.

 

Colaboración e servizo das mesas por parte dos alumnos e as alumnas

  • As mesas serán sevidas polos alumnos/as mediante quendas previamente establecidas.
  • En todas as mesas poñeranse as bandexas ou potas coa comida correspondente.
  • Nas mesas dos nenos/as de primaria, o/a alumno/a maior encargarase de servir ós compañeiros.
  • Os servidores servirán e recollerán seguindo as indicacións dos profesores que estean no comedor ou das cociñeiras.
  • Ao rematar a comida, os alumnos/as de cada mesa amontoarán os pratos uns enriba dos outros. Os cubertos irán sobre o último prato. Deixarán un prato ou unha bandexa para botar os desperdicios. Procurando sempre non mesturar cubertos cos desperdicios.
Distribuir contido


by Dr. Radut