Física e química

RECOLLIDA DE MOSTRAS PARA O PROXECTO AVISPILLA


Co profe Gabriel de Física e Química e cuns axudantes moi especiais de Infantil e Primaria que axudaron como os maiores, os rapaces e rapazas de 1º de ESO xunto con Paula de 3º recolleron este sábado as mostras para o noso proxecto "avispilla".

EXPER-I-CIENCIAS E MOITA BIO-DIVERSIÓN NA MONTAÑA LUCENSE

O martes 4 de xuño de 2019 o CPI de Pedrafita tivo unha visita cargada de ciencia. Nieves Vidal, unha investigadora do CSIC (Consello superior de Investigacións Científicas) acercouse dende Compostela ao centro para intentar despertar as inquedanzas e a curiosidade dende as primeiras idades pola ciencia á par que, o agarimo pola natureza e o respecto por ela.  As actividades enmárcanse dentro dos programas Exper-i-ciencia (para Infantil e Primaria) e Biodiversión para ESO.

CHARLA DOS RAPACES E RAPAZAS MAIORES SOBRE INCENDIOS PARA A CLASE DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

Os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º tiveron hoxe uns profes moi especiais, os compañeiros de 4º, 5º e 6º de Primaria que explicaron os resultados das enquisas que elaboraron e aplicaron para coñecer as crenzas na zona sobre as causas dos incendios, que sobre todo serían descoidos, queimas de gandeiros/as, pirómanos e causas naturais.

Distribuir contido