O Titiriteiro Ton Arenas

Martes 19 de marzo do 2024,

Hoxe foi unha xornada especial. Tivemos a sorte de ter no noso cole a Ton Arenas, un titiriteiro que nos visita desde Mondoñedo para facernos rir e tamén traballar. Presentounos o seu compañeiro de vida e actuacións, Loubican, que nos fixo escachar coa risa. Tamén nos fixo traballar e fabricar o noso propio “bocón”. Unha marabilla!

Visita da ESO á Catedral de Santiago de Compostela

Este luns 18 de marzo, o alumnado da ESO visitou a catedral de Santiago de Compostela.

 

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER plan proxecta

 

Este luns puidemos celebrar o día de Rosalía de Castro (23 de febreiro)

23 de Febreiro, é a data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora, poeta e referente absoluto da nosa cultura galega.

A ESO asistiu onte ao Teatro Grecolatino no Auditorio Gustavo Freire de Lugo

O alumnado da ESO asistiu onte mércores 28 de febreiro ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo, xunto con máis institutos doutras localidades,  para ver dúas obras de teatro: un drama grego pola mañá: MEDEA de EURÍPIDES e unha comedia latina pola tarde: ANFITRIÓN de PLAUTO. Ambas representadas pola compañia teatral: NOITE BOHEMIA.

 

Aniversario da FURGOTECA!

O CPI UXÍO NOVONEIRA de PEDRAFITA DO CEBREIRO asistiu onte o aniversario da FURGOTECA!

Nevada en Pedrafita!

Coa neve aproveitamos a facer unha divertida actividade audiovisual para ensinarvos a nosa paisaxe dende aquí. Botámonos unhas risas!

Distribuir contido