Novas

Folleto lecturas para a igualdade

No día do libro dende o centro elaboramos varios materiais relacionados con esta conmemoración. Por un lado unha guía con lecturas para a igualdade con recomendacións por tramos de idade. Por outra banda os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de Primaria realizaron marcapáxinas con frases de mulleres escritoras. No seu blog podedes ver a entrada MARCAPÁXINAS PARA O DÍA DO LIBRO.

Alerta de nivel LARANXA por NEVE durante o día 1 de febreiro

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA durante o día 1 de febreiro de 2019, a partires das 00:00 h ata as 18:00 horas, por NEVE con espesores superiores a 20 cm, que afectarán as zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo e montaña de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

Distribuir contido