Complementarias

PRESENTAMOS AS NOSAS FOFUCHAS

Cada un e unha de nós conta un pouquiño da súa fofucha para poder coñecer mellor á muller tan importante na historia que representan.

ACTIVIDADES DA FUNDACIÓN OSO PARDO

Hoxe estivo no centro Ana da Fundación Oso Pardo para impartir varios obradoiros. Primeiro cos rapaces e rapazas de Primaria vimos un vídeo sobre a vida de Trufa e Vainilla dúas osas da Cordilleira Cantábrica dende o seu nacemento ata o momento en que se reproducen. Despois falounos das características dos osos, como por exemplo que teñen unha malísima vista e que por iso necesitan dese bo olfacto que os acompaña e que lles axuda a intuir os perigos e conseguir alimentos.

DÍA DE CHARLAS NO COLE: OS PEQUENOS SOBRE ALIMENTACIÓN E HABITOS DENTAIS SAUDABLES E OS MAIORES SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR

Os rapaces e as rapazas de Primaria ao completo recibiron hoxe unha charla sobre alimentación saudable destacando a importancia de comer alimentos pouco procesados, con poucos colorantes, ollando ingredientes como o exceso de azúcar ou a presenza de aceite de palma; os hábitos que manteñamos permitirannos diminuir ou non o risco de enfermedades cardiovasculares, obesidade, diabete,...

Distribuir contido