XELA VOLVEUSE VAMPIRA

Con motivo da conmemoración do Día Internacional 

da Muller na aula de PT iniciamos a lectura do libro de Fina Casalderrey "Xela volveuse vampira".

Aquí vos queda un pouco do resumo feito por un dos rapaces:

"A protagonista é unha profesora que se chama Xela. Os nenos e nenas estaban moi contentos con ela pero este ano non saben o que lle pasa porque non xoga con eles e elas no recreo nin tampouco ri e cando toca o timbre quédase na clase a escuras; tampouco trae caramelos de mel. 

A profesora Xela chegou un día a clase cunha lentes de cor negra e unha bufanda, e detrás dunha orella unha marca vermella e os ollos morados. Isto vírono cando a Xela se lle caeron as gafas e a bufanda. Os rapaces pensaron que se estaba convertendo en vampira, menos Breixo que pensaba que estaba mala de tristeza".