CELEBRACIÓN DO MAGOSTO-SAMAÍN-HALLOWEEN 2015

Chegou o venres 6 de novembro e con el o terror ao noso cole: lápidas enterrando sentimentos de medo, tristeza, vergoña,..., morcegos, esqueletes, vampiros, vampiresas e mortos vivintes,... cabazas que expresaban pánico no xesto da cara! 

Pero tamén o centro se vestiu de outono coas fotografías que os rapaces e rapazas de ESO achegaron dos seus pobo nesta época tan bonita do ano (temos que dicir que temos uns bos fotográfos/as), con produtos do outono que aportaron: noces, avelás, marmelos,... e cunhas mascotas moi especiais e moi estivais, elaboradas por cada un/unha coa axuda destes productos e a súa imaxinación. Quedaron preciosos, cal vos gusta máis?

Adiantamos a comida ás 14:10 para que Rocío, Javi e Lucía de 4º de ESO puidesen empezar a preparar o magosto. Rapaces, que castañas máis ricas comemos! Coa axuda tamén dalgún antigo alumno que nos veu facer unha visita e dalgún pai que botou máis dunha man, moitas grazas pola axuda! 

 Para facer máis liviana a espera os nenos e nenas de infantil e primaria nos prepararon varios poemas e cancións, vaia artistas que temos, e en ESO non se animaron a bailar pero Martín tamén nos leu un poema. 

Despois de tanto movemento, paramos a descansar un pouco mentres o alumnado de ESO participaba no Who wants to be a millionaire? que para entendernos é unha Quen quere ser millonario? sobre o Halloween que prepararon as profes de Inglés e Tecnoloxía. 

Non quedou moito tempo para os xogos pero aínda nos rimos co xogo das mazas, vendo como os rapaces e rapazas de ESO intentaban morder unha mazá sen usar as mans, axudándose coa boca.

 E por fin chegaron as castañas e unhas terroríficas gominolas. Subimos ao autobús coas barrigas ben cheas!

Aquí queda un resumo moi breve de tanto trato traballo a través das imaxes:

MAGOSTO 2015