Skip to Content

contador gratis para blog

Educación física, Física e química, Lengua Castellana y Literatura, Matemáticas, Orientación, Historia, Tecnoloxía, Lingua e Literatura Galega, Música, Plástica, Ciencias da Natureza, Informática, Cultura Clásica, Bioloxia

Os Xeranios do Señor Alfonso

Os Xeranios do Señor Alfonso.

Unha curta moi curta sobre a comprensión, os coidados e o cariño. Co telón de fondo do despoboamento do rural. Dúas xeracións que se atopan, dous mundos que se xuntan e que non se esquecerán xamais. Producida por O Cole de Cea e gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF Deseño e realización dos bonecos: Carlota Álvarez. Animación e decorados: Álex Pico e Carlota Álvarez. Animadores secundarios e decorados: Alejandro Fernández, Raúl Gallego, Alicia Nogueira e Nieves Calviño. Animación Adicional: Susana Freire e Valentín Castellano Atrezzo adicional: Patricia Fernández Axudantes: Adrián González, Gabriel Teixeira, Gabriel Iglesias e Xiana Vázquez. Voces: Marco - Álex Pico Señor Alfonso - Jose Ramón Rodríguez Nai - Nieves Calviño Música: Cuarteto para piano de Robert Schumann. Interpretado por Musicians from Marlboro. Música Trailer: Antonio Saco Agradecemento especial aos nosos amigos Iván e Marcos. Guión: Álex Pico, Carlota Álvarez, Nieves Calviño e Paula V. Carral. Corrección de guión: Paquita Manso Dirección e montaxe: Dávid González Gómez

 

Making off: Os Xeranios do Señor Alfonso.

Libro de texto de 2º ESO

Estimadas familias achegámosvos a información do libro de matemáticas para 2º ESO: 

Portada  

Matemáticas 2.

  • José Colera Jiménez; Ignacio Gaztelu Albero; Ramón Colera Cañas
  • ISBN: 978-84-698-1426-0

Electricidade 2º ESO

Esta é a ligazón coa que traballaremos o tema de electricidade

Electricidade

 

E aquí temos varios test

Test1

Test2

Test3_tipos circuitos

Test4-magnitudes

 

E para repasar o tema de metais

Test_metais

 

CORRELINGUA 2016

Un ano máis, o Cole de Cea participou nesta festa pola lingua ao seu paso por Ourense. Este ano non fomos correr...fomos camiñar!!!!! Porque estamos desenvolvendo o proxecto "Faise o Camiño". Así que, xa sabedes: "FAISE O CAMIÑO AO FALAR".

Orienta Galicia

O Departamento de Orientación do noso centro colabora no blog Orienta Galicia. Nel atoparás toda a información necesaria sobre bolsas, axudas, premios así como sobre ensinanzas de réxime especial, xeral e universitarias. Tamén inclúe información sobre ensinanzas universitarias e residencias. 

Entra e infórmate de todo.

Bo camiño no 2016

Inspirándose no proxecto Faise o Camiño que se está levando a cabo no centro , este ano os alumnos de secundaria deseñaron unha árbore de Nadal nada convencional.

O resultado foi magnífico!. Parabéns!

Tamén deixarán mostra dos seus mellores desexos

  

Otero

 

VISITA AO MUSEO OTERO PEDRAYO

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO visitamos o día un de decembro a “Casa Grande de Cimadevila. Museo Otero Pedrayo”. Foi una visita didáctica que permitiu completar os coñecementos que xa tiñamos sobre a vida e a obra de Don Ramón Otero Pedrayo.. Nesta ocasión ademais de visitar a casa, tamén fixemos un breve roteiro literario polos arredores da mesma acompañados dos textos de Otero Pedrayo.

Agradecemos a sempre agarimosa acollida que Susi, a encargada do museo, nos dispensa e tamén toda a información que nos achega a respecto da vida e da obra do noso autor.

Os alumnos e alumnas opinan sobre a visita:

A visita a casa de Otero en Trasalba pareceume moi bonita e encantáronme as vistas dende a súa casa. Tamén me pareceu moi interesante o percorrido polo pobo lendo algúns textos de Otero. ( Nieves )

A visita que realizamos á casa de Otero estivo moi ben, a casa pareceume fantástica, sobre todo o modo en como está conservada. A guía que nos falou sobre a casa completounos toda a información que tiñamos del. (Patricia ).

Pareceume unha excursión moi interesante, xa que coñecemos a casa dun gran representante do noso pobo galego. A casa de Otero Pedrayo era unha casa moi fermosa. puidemos observar unha casa rural galega da época. Unha experiencia marabillosa.(Diego)

A excursión encantoume. Aprendín moito sobre Ramón Otero Pedrayo e a súa vida, ademais de como eran as casas da época e a sociedade. Pareceume unha actividade moi didáctica.(Santi)

Foi unha excursión moi didáctica. A pesar de que o frío e a néboa non axudaron moito, pasámolo moi ben. Foi moi fermoso o percorrido que fixemos e a casa de Otero. (Laura).

Foi unha boa experiencia poder ver onde viviu Otero Pedrayo, a súa casa está moi ben e fixemos un bonito percorrido (Alex)

Gustoume moito a visita á casa de Otero. Repetiría a experiencia(Hugo)

Amena e estupenda visita á casa familiar de Otero Pedrayo e aos arredores. Mágoa que a néboa estragase as vistas da paisaxe desde o fogar de Otero Pedrayo. ( Aarón)

Xa fun visitar a casa de Otero o curso pasado. Pero foi igual de incrible: gustoume moito o pazo e o entorno onde Otero viviu (Andrea)

Repetín a visita e repetirei. A casa, poder recoñecer os arredores a través dos textos de Otero Pedrayo, os exteriores da casa, … Marabilloso. (Carlota)

Éa primeira vez que a visito, non coma outros compañeiros que estiveron antes. A verdade é que poder coñecer como vivía un gran escritor e o seu entorno foi marabilloso. Pena que o día non permitise ver a paisaxe que se estende ao pé da casa. ( Paula)  

Galería de imaxes

SERÁN NO COLE DE CEA

O próximo venres, 29 de maio, a partir das 19:00 horas, toda a Comunidade Educativa e aquelas persoas que desexen acercarse ao cole poderán participar no Serán.

Haberá moita música, empanadas, refrescos..

Visita a La Voz de Galicia e ó paseo marítimo de Arteixo

O pasado 5 de maio os alumnos da ESO tiveron ocasión de visitar as instalacións centrais do periódico La Voz de Galicia, en Arteixo. A redacción, o plató de TV, as rotativas... e de remate ó completo museo da Fundación Fernández Latorre, entre portadas históricas (por exemplo, a da liga do Dépor no 2000, entre as máis interesantes) e maquinaria antiga. Todo lles resultou interesante.

Rematamos cun percorrido de cinco kilómetros por defierentes praias da zona. Podedes ver unhas fotos da actividade.

Xornadas de Orientación VI

Un ano máis a dirección e o departamento de Orientación do C.P.I. Virxe da Saleta, en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor poñen en marcha asXornadas de Orientación Académica e Profesional. Destinadas ao alumnado da E.S.O. e ás súas familias chegan este ano á súa VI edición. Celebraranse, como en anos anteriores, na aula de música do CPI Virxe da Saleta.A primeira das dúas xornadas será o próximo lunes, 20 de abril, a partir das 15:30 h., sobre Formación e Inserción Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. Noemí González Camba. Licenciada en Dereito. Xuiza de Instrucción. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Sonia Moral Álvarez. Esteticista e Terapeuta Natural. Xefa da Perruquería Moral. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Oscar Rodríguez Gómez. Bombeiro no Parque Comarcal de Chantada.

Dª Marta Pérez Adán. Licenciada en Mediciña. Xinecóloga do Hospital Cristal- Piñor.

Dª Nuria Álvarez Rodríguez. Diplomada en Turismo. Máster en Planificación e Dirrección de Empresas Turísticas. Traballadora da Empresa de Organizacións de Eventos ServiturCea.

 A seguinte xornada está prevista para o mércores día 22 de abril, a partir das 15:30 h., sobre o Emprendemento e Mundo Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. José Enrique Rodríguez López. Fundador da empresa Rodríguez López Auto.

D. Omar Rodríguez Reboredo. Policía do Corpo Nacional de Policías. Exalumno do CPI Virxe da Saleta.

Dª. Uxía Alonso Crespo. Enxeñeira Técnica Forestal e Enxeñeira de Montes. Xerente da empresa “Frutos da Mellora”.

Dª. Fatima Fernández Fernández. Xornalista. Exalumna do CPI Virxe da Saleta

D.ª Hilda Rodríguez Fernández; Licenciada en Farmacia. Farmacéutica de San Cristovo de Cea.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut