Publicada a Orde do 10 de maio de 2023 [2](DOG do 19 de maio) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria(...) para o curso 23/24.
As familias que desexen solicitar ditas axudas deben cubrir o procedemento ED330B [3] ou o impresos de solicitude (ANEXOS I [4] e ANEXO II [5]).
Prazo de presentación: A presentación de instancias será ata o 21 de xuño do 2023 (inclusive).
Horario de secretaría:
LUNS: de 16:00 a 17:30.
LUNS A VENRES: de 12:30 a 14:00.
Para solicitar máis información e presentar a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á dirección na sede do CRA.