Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NESTA ESCOLA)

 O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ao 21 de marzo de 2022.

 Hai que entregar os impresos de admisión(Anexo II) cubertos ( en caso de separación dos proxenitores ou que non están casados, a solicitude irá asinada polos dous), xunto con:

  • Copia do Libro de Familia,

  • Copia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (se o ten)

  • Certificado do padrón municipal no que consten todos os membros da unidade familiar.

  • Copia tarxeta sanitaria.

  • Calquera outra documentación que acredite as circunstancias alegadas (familia numerosa, minusvalía, familia monoparental, violencia de xénero…)

Os impresos poderanse recoller no centro ou descargalos da páxina web do mesmo. (http://www.edu.xunta.es/centros/eeianxeles/). Tamén se poderá cumplimentar na aplicación “admisionalumnado” do portal educativo e presentala electronicamente.

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude e farase no centro que solicite en primeiro lugar.

 

A recollida e entrega de impresos poderá facerse todos os días de 8:30 a 10:00, e tamén:

 

Luns de 10 a 11

 

Martes de 16:15 a 17:15

 

Mércores de 11:30 a 12:30

 

Xoves de 11:30 a 12:30

 

Venres de 11:30 a 12:30

 

 VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

4º curso de educación infantil: (3 anos): 25 prazas (22+3 para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

 5º curso de educación infantil: (4 anos):4 prazas.

 6º curso de educación infantil:(5 anos):0 prazas.

 

 ÁREAS DE INFLUENCIA DA EEI DOS ÁNXELES

 Abarcará as aldeas de Os Ánxeles, Saíme, Baliño, Reboredo Pequeño, Guisande, Cirro, Gándara, Perros, Gosende, Gontade, Souto, Sanín, Estrar, Vilanova, Cabanas, Piñeiro, Outeiro, Alqueidón, Buio, Vilanova, O Rial, Monte Devesa e Agronovo.

ÁREAS DE INFLUENCIA DO CEIP DE PEDROUZOS

 Abarcará Guitiande, Lago, Gundín, Cantelar, A Igrexa, Boullón, Tembre, Gronzo, O Casal, Liñares, Cabo, O Tremo, Urbanización Monte Balado, Urbanización Río Pego, Urbanización Hortensia, Adoufe, Lamiño, Cabreiros, Riazoas, Brión de Abaixo, Brión de Arriba, Boimil, Pedrouzos, Brans de Abaixo, O Enxo, Brans de Arriba, Aguiar, Quintáns, Guldrís, O Rial, A Igrexa, A Torre, Boaventura, Trasouteiro, Vilar, Pousada, A Igrexa (Viceso), Esparís, Ombre, Mourentáns, Forxán, Ons, A Igrexa (Ons), Pazos, Fonteparedes, Salaño Pequeno, Salaño Grande.

 

 HORARIO DO CENTRO E DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 O horario do centro é de 09:15 a 14:15.

 O servizo de madrugadores está dispoñible de 8:00 a 9:15. É xestionado pola ANPA do centro.

 O servizo de comedor está dispoñible de 14:15 a 16:00. É xestionado indirectamente pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.. No actual curso o horario é de 14:15 a 15:30

 

SORTEO DA LETRA PARA O DESEMPATE

 Para os efectos da resolución do desempate final na orde de admisión de alumnado para o curso 2022-2023, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras “V” e “U”; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras “A” e “Z”.

 CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS

 O Consello Escolar da EEI dos Ánxeles, acordou valorar cun punto o seguinte criterio:

 i)Estar empadroado no concello de Brión antes de que comece o proceso de admisión.

 XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 O MARTES 8 DE MARZO ás 17:00 realizarase unha reunión virtual informativa na que se explicará o funcionamento do centro e se resolverán dúbidas.

 

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

 Os datos empregados serán os correspondentes á declaración da renda do ano

2020. Consignarase na solicitude a suma resultante das casiñas 435 (base

impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) dividida entre o número de

membros da unidade familiar a día 28 de febreiro de 2022.

 

IPREM ano 2020 : 6.454,03 euros anuais

 

 

INGRESOS PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR

PUNTUACIÓN

Inferiores a 3.227,02

3

Entre 3.227,02 e 4.840,51

2

Entre 4.840,52 e 6.454,02

1

Igual ou superior a 6.454,03

0

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
manual_familias_admision_v05.pdf179.36 KB
orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf1.03 MB
ORDE do 25 de xaneiro modifica orde 12 marzo.pdf73.09 KB
03_resolucion_resultado_sorteo_anual_letras_admision_2022_23.pdf477.71 KB
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR.doc16 KB
Criterio de admisión 2022.odt24.64 KB
Instrucions-Xerais-Admision_2022-23-1.pdf515.83 KB
información_familias.doc44.5 KB
publicación_vacantes 2022.doc22.5 KB
Decreto.pdf545.72 KB
SOLICITUDE PRAZA.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut