Skip to Content

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-24

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NESTA ESCOLA)

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ao 20 de marzo de 2023.

 

Hai que entregar os impresos de admisión(Anexo II) cubertos e asinados polos dous proxenitores (agás nos casos de violencia de xénero), xunto con:

·      Copia do Libro de Familia,

·      Copia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (se o ten)

 ·      Certificado do padrón municipal no que consten todos os membros da unidade familiar.

·      Copia tarxeta sanitaria.

·      Calquera outra documentación que acredite as circunstancias alegadas (familia numerosa, minusvalía, familia monoparental, violencia de xénero…)

 

Os impresos poderanse recoller no centro ou descargalos da páxina web do mesmo. (http://www.edu.xunta.es/centros/eeianxeles/). Tamén se poderá cumplimentar na aplicación “admisionalumnado” do portal educativo e presentala electronicamente.

 

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude e farase no centro que solicite en primeiro lugar.

 Na secretaría do centro e na páxina web do mesmo poderán consultar o PE(Proxecto Educativo).

A recollida e entrega  de impresos poderá facerse todos os días de 8:30 a 10:00, e tamén:

Luns de 11:45 a 12:45

 Martes de 11:45 a 13:15 e de 16:15 a 17:15

Mércores de  11:45 a 13:15

Xoves de 11:45 a 12:15

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Publicación das vacantes

Antes do 1 de marzo.

Publicaranse na porta do centro e na páxina web do mesmo.

Presentación das solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación, en caso de que sexa necesario baremar

Do 24 de marzo ao 6 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril. Disporase de 5 días hábiles para presentar reclamación.

Publicaranse no taboleiro de información interior do centro.

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio.

Publicaranse no taboleiro de información interior do centro.

Formalización de matrícula

Do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

BASE LEXISLATIVA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

 ·      Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 11)

 

·       Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 8-11-22)

 

·      Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-2024 (11-1-23)

 

VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024

4º curso de educación infantil: (3 anos): 25 prazas (22+3 para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

 5º curso de educación infantil: (4 anos):9 prazas.

 6º curso de educación infantil: (5 anos): 6 prazas.

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DA EEI DOS ÁNXELES

 Abarcará as aldeas de Os Ánxeles, Saíme, Baliño, Reboredo Pequeño, Guisande, Cirro, Gándara, Perros, Gosende, Gontade, Souto, Sanín, Estrar, Vilanova, Cabanas, Piñeiro, Outeiro, Alqueidón, Buio, Vilanova, O Rial, Monte Devesa e Agronovo.

 

 ÁREAS DE INFLUENCIA DO CEIP DE PEDROUZOS

 Abarcará Guitiande, Lago, Gundín, Cantelar, A Igrexa, Boullón, Tembre, Gronzo, O Casal, Liñares, Cabo, O Tremo, Urbanización Monte Balado, Urbanización Río Pego, Urbanización Hortensia, Adoufe, Lamiño, Cabreiros, Riazoas, Brión de Abaixo, Brión de Arriba, Boimil, Pedrouzos, Brans de Abaixo, O Enxo, Brans de Arriba, Aguiar, Quintáns, Guldrís, O Rial, A Igrexa, A Torre, Boaventura, Trasouteiro, Vilar, Pousada, A Igrexa (Viceso), Esparís, Ombre, Mourentáns, Forxán, Ons, A Igrexa (Ons), Pazos, Fonteparedes, Salaño Pequeno, Salaño Grande.

 

HORARIO DO CENTRO E DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 O horario do centro é de 09:15 a 14:15.

 O servizo de madrugadores está dispoñible de 8:00 a 9:15. É xestionado pola ANPA do centro.

 O servizo de comedor está dispoñible de 14:15 a 16:00. É xestionado indirectamente pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

 

 SORTEO DA LETRA PARA O DESEMPATE

 Realizarase un procedemento aleatorio explicado no Artigo 34º da Orde do 21 de Outubro de 2022.

 

 CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS

 O Consello Escolar da EEI dos Ánxeles, acordou valorar cun punto o seguinte criterio:

 

i) Estar empadroado no concello de Brión antes de que comece o proceso de admisión.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 O MARTES 7 DE MARZO ás 17:00 realizarase unha reunión presencial informativa na que se explicará o funcionamento do centro e se resolverán dúbidas.

 

 CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR

 

 Os datos empregados serán os correspondentes á declaración da renda do ano 2021.           Consignarase na solicitude a suma resultante das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) dividida entre o número de membros da unidade familiar a día 28 de febreiro de 2022.

 

 

                              IPREM  ano 2021 :  6.778,80 euros anuais

 

 

INGRESOS PER CÁPITA  DA UNIDADE FAMILIAR

PUNTUACIÓN

Inferiores a 3.389,40

3

Entre 3.389,40  e 5.084,10

2

Entre 5.084,10 e 6.778,79

1

Igual ou superior a 6.778,80

0

AdxuntoTamaño
IMPRESO SOLICITUDE ED550B-G.pdf1.38 MB
información_familias_0.doc55 KB
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA ANUAL DA UNIDADE FAMILIAR_0 copia.doc32.5 KB
publicación_vacantes 2023.doc39.5 KB
Criterio de admisión 2023.odt16.32 KB
1_Instrucions_xerais_2023-24-1.pdf267.98 KB
Decreto.pdf545.72 KB
manual_familias_admision_v05.pdf179.36 KB
ORDE 21 Outubro.pdf1.6 MB


story | by Dr. Radut