Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25

SOLICITUDE DE ADMISIÓN (ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NESTA ESCOLA)

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ao 20 de marzo de 2024.

 

Hai que entregar os impresos de admisión(Anexo II) cubertos e asinados polos dous proxenitores (agás nos casos de violencia de xénero), xunto con:

·      Copia do Libro de Familia,

·      Copia do DNI dos proxenitores e do alumno/a (se o ten)

 ·      Certificado do padrón municipal no que consten todos os membros da unidade familiar.

·      Copia tarxeta sanitaria.

·      Calquera outra documentación que acredite as circunstancias alegadas (familia numerosa, minusvalía, familia monoparental, violencia de xénero…)

 

Os impresos poderanse recoller no centro ou descargalos da páxina web do mesmo. (http://www.edu.xunta.es/centros/eeianxeles/). Tamén se poderá cumplimentar na aplicación “admisionalumnado” do portal educativo e presentala electronicamente.

 

Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude e farase no centro que solicite en primeiro lugar.

 

A recollida e entrega  de impresos poderá facerse todos os días de 8:45 a 10:00, e tamén:

Luns de 10:00 a 10:30

 Martes de 12:15 a 13:15 e de 16:15 a 17:15

Mércores de 12:45 a 13:15

Xoves de 12:15 a 12:45 

 Venres de 12:45 a 13:15

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

Publicación das vacantes

Antes do 1 de marzo.

Publicaranse na porta do centro e na páxina web do mesmo.

Presentación das solicitudes de admisión

Do 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive.

Presentación da documentación, en caso de que sexa necesario baremar

Dez días hábiles, dende o remate do prazo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

O 25 de abril. Disporase de 5 días hábiles para presentar reclamación.

Publicaranse no taboleiro de información interior do centro.

Publicación das listaxes definitivas

O 15 de maio.

Publicaranse no taboleiro de información interior do centro.

Formalización de matrícula

Do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

BASE LEXISLATIVA PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

 ·      Decreto 13/2022 do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 11)

 

·       Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG 8-11-22)

 

·      Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-2024 (11-1-23)

 

VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2024-2025

4º curso de educación infantil: (3 anos): 20 prazas (17+3 para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo)

 5º curso de educación infantil: (4 anos):0 prazas.

 6º curso de educación infantil: (5 anos): 2 prazas.

 

ÁREAS DE INFLUENCIA DA EEI DOS ÁNXELES

 Abarcará as aldeas de Os Ánxeles, Saíme, Baliño, Reboredo Pequeño, Guisande, Cirro, Gándara, Perros, Gosende, Gontade, Souto, Sanín, Estrar, Vilanova, Cabanas, Piñeiro, Outeiro, Alqueidón, Buio, Vilanova, O Rial, Monte Devesa e Agronovo.

 

 ÁREAS DE INFLUENCIA DO CEIP DE PEDROUZOS

 Abarcará Guitiande, Lago, Gundín, Cantelar, A Igrexa, Boullón, Tembre, Gronzo, O Casal, Liñares, Cabo, O Tremo, Urbanización Monte Balado, Urbanización Río Pego, Urbanización Hortensia, Adoufe, Lamiño, Cabreiros, Riazoas, Brión de Abaixo, Brión de Arriba, Boimil, Pedrouzos, Brans de Abaixo, O Enxo, Brans de Arriba, Aguiar, Quintáns, Guldrís, O Rial, A Igrexa, A Torre, Boaventura, Trasouteiro, Vilar, Pousada, A Igrexa (Viceso), Esparís, Ombre, Mourentáns, Forxán, Ons, A Igrexa (Ons), Pazos, Fonteparedes, Salaño Pequeno, Salaño Grande.

 

HORARIO DO CENTRO E DOS SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

 O horario do centro é de 09:15 a 14:15.

 O servizo de madrugadores está dispoñible de 8:00 a 9:15. É xestionado pola ANPA do centro.

 O servizo de comedor está dispoñible de 14:15 a 16:00. É xestionado indirectamente pola Consellería de Cultura, Educación e O.U.

 

 

 CRITERIO COMPLEMENTARIO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNOS

 O Consello Escolar da EEI dos Ánxeles, acordou valorar cun punto o seguinte criterio:

 

i) Estar empadroado no concello de Brión antes de que comece o proceso de admisión.

 

XORNADA PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS

 MARTES 12 DE MARZO ás 17:00 realizarase unha reunión presencial informativa na que se explicará o funcionamento do centro e se resolverán dúbidas.

 

 

CÁLCULO DO IPREM

 

Renda per cápita da unidade familiar

Inclúe as cantidades obtidas da base impoñible xeral (Casiña 435) máis a base imposible do aforro (Casiña 460) da declaración do imposto sobre a renda das persoas física no exercicio 2022, dividida entre o número de membros computables da unidade familiar a data 1 de marzo de 2024. Cando non se presentase declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para determinar a puntuación utilízase o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual de 2022, que está fixado en 6.948,24 € na disposición adicional centésima vixésima primeira da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de Orzamentos xerais do Estado para o ano 2022.

 

 

A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:

a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM : 3 puntos.
b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.

c) Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: 1 punto.
d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB
Instrucións.pdf1.6 MB


story | by Dr. Radut