Skip to Content

2013-2014

OS 3 PORQUIÑOS

Ola!

Aquí vos deixamos a representación teatral (en grupos) dos 3 porquiños.

Que o disfrutedes!

¡QUE RISA DE RATA!

Un gran pequeno conto.

PUAG, QUE NOXO Fina Casalderrey

Que ben o pasamos con esta historia que fala de cacas!

CONTOS DE RATIÑOS

Este é un dos nosos contos preferidos de ARNOLD LOBEL, así nos esforzamos en facer estes debuxos que esperamos que vos gusten moito porque son unhas PRESIOSIDADES.

TRES PRINCESAS NAMORADAS

Os debuxos dos artistas da Aula Amarela tan bonitos como os de Ánxeles Ferrer (ou máis) nas súas princesas namoradas.

VISITA DOS AVÓS E AVOAS DA RESIDENCIA

OLA FAMILIAS!

FAI UNHAS SEMANAS VISITÁRONNOS OS AVÓS DA RESIDENCIA. COMO PRIMERIO CONTACTO ESTIVO MOI BEN E A PESAR DE QUE NUN PRINCIPIO A ALGÚNS DOS "PEQUES" NON PARECÍA FACERLLE MOITA GRAZA AO FINAL RESULTOU MOI POSITIVO E QUEDARON ENCANTAD@S.

DEIXÁMOSVOS UNS SAÚDOS, AS FOTOS E UNS VIDEOS:

proba

proba

PRIMEIRO TRIMESTRE

Ola familias:

     Deixámosvos aquí un resumo do que foi o primeiro trimestre logo do período de adaptación, sen incluír o colgado con anterioridade. 

    Acompaña a canción de Luar na Lubre "Os animais" que nos trouxo Antón ec bailamos a miúdo.

                                                    Un saúdo!

NADAL

Ola familia:

Deixámosvos un pequeno resumo do que foi o Nadal na escola: decoración da árbore, visita dos Paxes Reais, degustación de produtos típicos destas festas...e como non, o momento de desempaquetar os agasallos que s Reis Magos nos deixaron.

 

                                                                  Saúdos!

Visita Cidade da Cultura

No primeiro trimestre realizamos unha visita á Cidade da Cultura para ver a exposición de Orinoco. Aquí vos deixamos un vídeo resumo da saída.

MAGOSTO

Ola familias:

Aquí vos deixamos un vídeo da festa do magosto que celebramos na Escola da Luaña. Ese día comemos castañas asadas, cocidas, marmelo e variados postres caseiros de cabaza..., e como non, xogamos e pasámolo moi ben!!!

Samaín

  Ola Familias: 

Aquí vos deixamos un vídeo das actividades que fixemos no Samaín. O primeiro de todo e grazas á vosa colaboración foi a decoración da escola con cabazas e espigas. Tivemos unha merenda terrorífica que elaboraron as familias da aula azul. Fixemos tamén varios talleres: contos de medo, o xogo da pantasma e maquillaxe. 


 

How´s the weather?

How´s the weather? The sun comes up!

The days of the week!

Sorteo Xamón

O número premiado no sorteo do Xamón foi o: 895.

Noraboa ao gañador e grazas a todos os que participaron e colaboraron.

How´s the weather?

Ola!!!

Os vosos pequenos preguntan como anda o tempo!

FUN AO MERCADO...

OLA  FAMILIAS!! 

DI  “MARÍA  FUMASA “ (C.D.) QUE  FOI  AO  MERCADO E UNHA  FORMIGUIÑA  NON  PARABA  DE  PICARLLE… NOS  BAILAMOS, E SACUDIMOS  A FORMIGUIÑA QUE  LLE  PICA AO  NOSO  COMPAÑEIRO NAS  DISTINTAS  PARTES  DO  CORPO…

DE FESTA!!

BOAS!

    ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS NON DEMOS FEITO CON TANTA FESTA... COMO SABEDES, CELEBRAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA E O MAGOSTO C@S NOS@S AMIG@S DA LUAÑA.

    NO SAMAÍN DECORAMOS A ESCOLA CON C.ABAZAS E ESPIGAS (GRAZAS Á VOSA COLABORACIÓN) E FIXEMOS UNHA MERENDOLA (  PARA A QUE COCIÑARON AS FAMILIAS D@S COMPAÑEIR@S DA AULA AZUL); ASÍ COLLEMOS FORZAS PARA MAQUILLARNOS, CONTAR CONTOS DE MEDO, XOGAR AO XOGO DA PANTASMA (NO QUE, COMO VEREDES, NON TODOS QUIXEMOS PARTICIPAR...)... 

    NA LUAÑA INVITÁRONNOS A UNHAS BOAS CASTAÑAS, POSTRES DE CABAZA, FROITA, MARMELO... E XOGAMOS UN MONTÓN! PARA AGRADECERLLO LEVÁMOSLLES UN CONTO CON FORMA DE CASTAÑA, FEITO POR NÓS.

MOI BOS DÍAS!!

QUERIDAS FAMILIAS:

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN VÍDEO NO QUE NAS DAMOS  OS "BOS DÍAS" COMO CADA MAÑÁ... A CANTAR!!

COMEZAMOS!!

Ola!!!

   Deixámosvos unha pequena mostra do que foi o período de adaptación... Este curso non "pillamos" ningunha bagoa...

   A canción que soa é a do conto de Cocorico de "Contos en cantos" da editorial OQO.

   Esperamos que vos guste. 

                                              Un saúdo.

                                  

Distribuir contido


by Dr. Radut