Inicio                         

 

 

EEI DO CON

A EEI Do Con é unha escola activa onde os nenos e as nenas son os protagonistas das súas aprendizaxes. Unha escola para a vida baseada na exploración, na manipulación, na creatividade, o xogo... e onde todos e todas se desenvolven positivamente sexan cales sexan as súas características, intereses e necesidades, respectando así dende unha escoita activa as cen linguaxes dos nenos.

21 días en galego

Queridas familias, informámosvos que do 2 ao 22 de abril sumámosnos a unha nova edición da campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado en prol da nosa lingua e no que participaremos todos os centros educativos da vila. Ao longo destes 21 días o alumnado tentará falar en galego tanto na escola como fóra do ámbito educativo polo que precisamos da vosa colaboración, sería moi motivador que tamén as familias empreguedes o galego nos ámbitos máis coloquiais.

Vantaxes desta campaña:

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • Está demostrado que as persoas que dominan máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas.
  • Mostrar interese pola nosa cultura e reverter o abandono do noso idioma que podería levar ao seu esmorecemento 

 Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Proceso de admisión curso 2024/2025

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2024/ 2025 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Para presentar a solicitude podedes seguir unha das opcións descritas a continuación.

  • Preferiblemente por vía telemática, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación AdmisionAlumnado, no menú Solicitudes → Admisión → Crear . Podedes cubrir a solicitude e asinar telemáticamente na Sede Electrónica (só con certificado dixital ou CHAVE365) ou cubrir telemáticamente e presentala na nosa escola, no caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".
  • Presentar a solucitude presencialmente na EEI Do Con (modelo ED550B). No caso de non poder presentarse a persoa solicitante, cubrirase o apartado "na súa representación".

Adxúntase un manual con instrucións.

Documentación necesaria:

  • Anexo ED550B cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  • Copia do Libro de Familia/ certificado de nacemento.
  • Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).

Prazos:

Do 1 ao 20 de marzo

Solicitude ordinaria de admisión

Anexo ED550B

Do 21 de marzo ao 5 de abril

Presentación documentación baremo

(no caso de haber máis solicitudes que prazas)

25 de abril

Publicación da listaxe provisional de admitidos/ as.

Reclamación: 3 días hábiles dede a publicación das listaxes

15 de maio 

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos.

Reclamación:1 mes dende a publicación das listaxes.

Do 20 ao 30 de xuño     

Formalización da matrícula                                               

Vacantes ofertadas para o curso 2024/2025

Normativa vixente:

  • LOE/LOMLOE; Capítulo III
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto do Acordo entre esta consellería e as organizacións sindicais CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024-25

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal

Xornada de portas abertas

Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 27 de febreiro comezamos coas Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola.

 

Podedes confirmar cita a través do seguinte formulario (ligazón), correo electrónico (eei.docon@edu.xunta.gal) ou chamando ao 886 110 263.

Deixámosvos unha breve presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

Reserva de praza en centros adscritos

Dende o 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro está aberto o prazo para reservar praza nos centros adscritos á EEI Do Con (CEIP Quitela e CEIP Tirán).

As solicitudes poderanse presentar:

  • Preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación AdmisionAlumnado, no menú Solicitudes → Reserva de prazas → Crear solicitude. Podedes cubrir a solicitude e asinar telemáticamente na Sede Electrónica (só con certificado dixital e CHAVE365) ou cubrir e presentala na nosa escola.
  • Presentar a solucitude presencialmente na EEI Do Con (modelo ED550A).

As familias que NON escollan un centro adscrito terán que facer a admisión ordinaria a partir do 1 de marzo

Manual de axuda para as familias (ligazón)

Normativa vixente

Recollida de alimentos

 

Hoxe comezamos na nosa escola unha recollida solidaria de alimentos. Está aberta para todas as persoas que queiran colaborar achegando alimentos (priorizan leite, galletas e cereais, aínda que tamén serven non perecedoiros.

Podedes achegarvos de luns a venres de 14:30h. a 16:00h. dende o 20 de novembro até o 15 de decembro (as familias do centro podedes traer os alimentos á entrada ou á saída).

Todo o recaudado irá a favor do Comedor Social de Cangas.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Documentos Plan madruga 23/24

Xúntase a documentación necesaria para inscribirse no Plan Madruga 2023 - 2024.

Calquera dúbida sobre o servizo podedes contactar a través do seguinte correo electrónico:  federacionanpasarcodavella@gmail.com.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023 - 2024

Xúntase o calendario escolar para o curso 2023 - 2024.

Na seguinte ligazón podedes atopar á orde que aproba o calendario establecido pola Consellería de Educación.

Aos días non lectivos que figuran no calendario engadiranse o 13 de outubro e o 20 de maio, elixidos por todos os centros educativos de Moaña e aprobados pola Xefatura Territorial de Educación.

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023/2024

Xúntase o modelo de Autodeclaración para a solicitude de comedor do vindeiro curso académico (2023/2024) e unhas breves instruccións para poder cumprimentalo de forma correcta. Aos efectos de facilitar ás familias o cálculo do importe das tarifas polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web da consellería para realizar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores e idade escolar. Ligazón de acceso á calculadora: https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp. Tamén tedes á vosa disposición a documentación no centro.

Podedes entregalo ata o venres 21 de xullo.

Calqueira dúbida ou aclaración que precisedes podedes contactar connosco a través do correo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 886 110 263.

MATRÍCULA CURSO 23-24

Para formalizar a matrícula do curso escolar 2023 - 2024 na EEI do Con deberedes presentar, entre os días 20 e 30 de xuño, a seguinte documentación na nosa escola:
 
- Impreso da matrícula, Anexo III-1 (premer aquí)
- Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras ou representantes legais.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria da nena ou do neno.
- Certificado médico.
- Dúas fotos tamaño carné actualizadas.
- Certificado de minusvalía, de ser o caso.
- Impreso de autorización para uso de imaxes (premer aquí)
 
Lembrámosvos que o vindeiro venres 23 de xuño ás 12:ooh. realizaremos unha reunión para as novas familias da nosa escola.
 
 

8º Caranvexornal da EEI Do Con

Xa temos unha nova edición do noso Caranvexornal!

Nesta ocasión, as reporteiras e os reporteiros da nosa escola comentan propostas relacionadas co proxecto deste ano "Con Saúde", 21 días en galego, biblioteca e unha última nova moi especial para nós.

 Agardamos que vos guste!

Listado provisional de novo alumnado

Informámosvos que a listaxe provisional do novo alumnado atópase publicada no taboleiro da entrada da escola.

Todas as solicitudes cursadas están admitidas.

Benvidas familias!.

Admisión alumnado curso 2023/2024

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo para o curso 2023/ 2024 será do 1 ao 20 de marzo. Podedes acceder a toda a información na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

A solicitude poderase presentar no propio centro educativo elixido como primeira opción ou na Sede Electrónica con usuario de Chave365/ certificado dixital da Xunta de Galicia. Adxúntase un manual con instrucións.

Documentación necesaria:

  • Anexo II (ED550B) cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  • Copia do Libro de Familia.
  • Copia DNI do neno/a (se non ten é suficiente con entregar o libro de familia).

Prazos:

  • Antes do 25 de abril o centro publicará no taboleiro a lista provisional de admitidos e non admitidos.
  • Entre o 20 e o 30 de xuño as familias formalizarán as matrículas no centro educativo.

Calquera dúbida ou consulta podedes chamar ao 886 110 263 ou escribirnos no enderezo electrónico eei.docon@edu.xunta.gal

 

21 días en galego

 

Queridas familias, informámosvos que a partir do día 1 de marzo e ata o vindeiro martes 21 a nosa escola súmase á quinta edición da campaña "21 días en galego". Trátase dunha iniciativa do Concello de Moaña para promover un cambio de hábitos no alumnado a prol da nosa lingua e no que participaremos todos os centros educativos da vila. 

Vantaxes desta campaña:

  • Conseguir fluidez na expresión oral.
  • As persoas que domina máis linguas teñen máis facilidades para adquirir outros idiomas, demostrado científicamente.
  • A través do galego resulta doado o achegamento ao portugúes. Isto pode repercutir positivamente a nivel laboral xa que o portugués é a sétima lingua máis falada do mundo.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

Xornada de portas abertas

Ola familias, informámosvos que o vindeiro día 28 de febreiro comezamos coas Xornadas de portas abertas para que poidades coñecer a nosa escola.

Lembrade confirmar cita a través do seguinte formulario (ligazón) ou chamando ao 886 110 263.

Deixámosvos unha breve presentación coas características metodolóxicas e organizativas máis salientables do noso Proxecto.

 

Distribuir contido