Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Saídas e actividades complementarias

VISITA CSIC

ENTROIDO 2019

VISITA DA GALIÑA AZUL

 

O pasado martes recibimos a visita da Escola Infantil A Galiña Azul de Nigrán. Durante a xornada compartimos contos, xogos e participamos en obradoiros de robótica e realidade aumentada.

CONCERTO DE UXÍA SENLLE POLO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O pasado luns, o alumnado da nosa escola asistiu (xunto con escolares doutros centros educativos de Nigrán) a un concerto de Uxía Senlle para homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro.

VISITA A NATURNOVA

O pasado mércores visitamos Naturnova, un centro interactivo de educación ambiental en Vigo no que nos amosaron cousas moi interesantes sobre a natureza, a reciclaxe e ... ata un submarino! Pasámolo en grande aprendendo! 

 

 

 

VISITA DO CEE DE PANXÓN

 

O pasado xoves recibimos a visita do alumnado e do profesorado do CEE de Panxón. Trouxeron xogos e minilibros elaborados por eles e contáronnos moitas cousas interesantes. Grazas pola vosa visita e polos magníficos agasallos! Vémonos pronto! 

 

OS NENOS DE 6º EI VISITAN O SEU FUTURO COLE: CPI DE PANXÓN

 
O MÉRCORES 13 DE XUÑO FOMOS VISITAR O CPI DE PANXÓN. 
A PROFE PASTORA E CONCHI MAIS OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA, ENCARGÁRONSE DE AMOSARNOS AS INSTALACIÓNS E CONTARNOS COUSIÑAS QUE SE FAN NA ESCOLA.
GRAZAS POR TODO! 

CARREIRA SOLIDARIA

Hoxe unha representacion de alumnos do Cpi de Panxon,o CEE de Panxon,o CEIP da Cruz e da nosa escola fixemos entrega de cheques para validar por alimentos para as familias mais desfavorecidas do Concello de Nigran.

A actividade foi organizada polo CPI de Panxon coa CARREIRA solidaria que se celebrou en Xaneiro e na que participaron os alumnos de 6 ° de E.I. da nosa escola.

Grazas as familias pola sua colaboración sendo patrocinadores da carreira!

EXCURSIÓN A CASTRELOS: CORRELINGUA 2018

 
O MÉRCORES PASADO FOMOS DE EXCURSIÓN AO PARQUE DE CASTRELOS A FESTA DO CORRELINGUA,EN DEFENSA DA LINGUA GALEGA. DISFRUTAMOS DO CONCERTO DE PACO CERDEIRA E AGASALLÁRONNOS CUNHA CHAPA, UNHA BOLSA E UN MAZÁ PARA MERENDAR. FOI UNHA BONITA MAÑÁ!
Distribuir contido


by Dr. Radut