Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024 - 2025

Para 4º de EI foron rexistradas máis solicitudes de Admisión que  número de prazas oferta o centro, polo que será necesario presentar a documentación acreditativa de baremo. Data límite para a presentación de dita documentación: 11 de abril de 2024, inclusive. Horario de atención presencial, no centro: de 09:30 a 10:30.                    Normativa reguladora do proceso, onde se poden consultar os criterios de admisión:   Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG do 11/02/2022)                                               Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022)

Unha vez baremadas as solicitudes, polo Consello Escolar do centro,  publicarase unha lista provisional, o día 25 de abril e abrirase un prazo dende o día 26 de abril ata o 7 de maio para presentar reclamacións.

PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS EUROPEOS ETWINNING

Coa finalidade de cofraternizar con centros escolares europeos perseguindo obxecruvos comunes, apuntámonos dende fai xa tres cursos a esta nova experiencia, os proxectos Etwinning. Este curso o alumnado de sexto de infantil està participando non só en un senón en dous proxectos:

 MY COMMUNITY, YOUR COMMUNITY, OUR WORLD

AGASALLOS DE NADAL: as nosas recomendacións

Como ben sendo de costume en tempo de Nadal achegámosvos unhas recomendacións de lecturas e xoguetes didácticos.

PRESENTACIÓN DA ANPA

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2023/2024

 Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar
para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos
na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 16 de maio).

 

 

As clases darán comezo o día 11 de setembro de 2023 e

rematarán o día 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

     

       Períodos de vacacións:

       

           - Nadal:dende o día 22 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de                         2024, ambos incluídos.

 

            - Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

 

           - Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de                                           2024, ambos incluídos.

 

 

          Días non lectivos:

 

             - Día do ensino: 7 de decembro de 2023.

 

             - De elección propia: 29 e 30 de abril de 2024.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA, DÍA DO PIXAMA

Celebramos o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA recordando un dos dereitos fundamentales, o dereito a medrar en familia. Por iso este centro sumase a iniciativa do DÍA DO PIXAMA proposta por ASEAF e a asociación galega ACOUGO, para visibilizar que na nosa Comunidade Autónoma hai máis de 2000 nenos e nenas que carecen dunha familia, que necesitan unha familia acolledora.

DÌA DO PEÓN

O vindeiro mèrcores 15 de novembro, para conmemorar o dìa do peón, queremos convidar aos avós e avoas vir xogar con nós a este xoguete de tradición galega, a oartir das 13:15. Anumàdevos!!!

FAMILIAS ACOLLEDORAS

A biblioteca ofrece a toda a nosa comunidade, o vindeiro mércores día 8 de novembro ás 17 h., unha actividade divulgativa sobre familias acolledoras por membros de ASEAF Galicia.Esperámosvos!!!

Esta é unha actividade prevía para sumarnos a outros centros escolares coa celebración do DÍA DO PIXAMA o luns día 20.

 

FESTA DE SAMAÌN

Estades preparad@s para pasar moito medo??só tedes que traer un disfraz ou complemento horripilante e deixar voar a vosa imaxinación. Comeza a.conta atràs!!3, 2, 1...

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Convidamos a un membro de cada familia a que nos acompañe no horario que lle corresponda, segúndo o curso do seu neno ou da súa nena:

   - 3 anos: de 09:30 a 10:30 horas

   - 4 anos: de 10:45 a 11:45 horas

   - 5 anos: de 12:00 a 13:00 horas

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut