Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024 / 2025

PRAZOS

Do 1 ao 20 de marzo abrese o proceso de admisión de alumnas/os de novo ingreso. Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022). Prazo de preseentación, do 1 ao 20 de marzo. O impreso podese descargar en www.edu.xunta.es/servizos/admisión alumnado, no arquivo adxunto debaixo deste texto ou recollelo no centro.

Podese presentar telemáticamente ou presencialmente, no centro, en horario de 09:30 a 10:30 horas ou de 13:00 a 14:00 horas.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

INFORMACIÓN:

1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

2.- O alumnado que queira trasladarse a outro centro, terá que:

- Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

- Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3.- Cada alumna/o só pode presentar unha solicitude de admisión, nela pode pedir ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

A solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

4.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo, de 10 días hábiles, contados dende o dia 21 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar deste centro é:

“Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”

5.- As listaxes provisionais publicaranse o día 25 de abril.

      Prazo para formular reclamacións: do 26 de abril ao 7 de maio, ambos incluídos.

6.- Listases definitivas:15 de maio.

7.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

8.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:

  • Servizo de transporte.

  • Servizo de comedor.

  • Servizo de madrugadores.

 

DOCUMENTACIÓN PARA A ADMISIÓN

- Solicitude de admisión, ANEXO II, cuberta e asinada polos dous proxenitores.

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure a/o alumna/o e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio deberase achegar, ademáis, a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

- Certificado de empadroamento.

AdxuntoTamaño
ADMISIÓN - GALEGO-ED550B-G.pdf1.38 MB
ADMISIÓN - CASTELÁN - ED550B-C.pdf1.38 MB


story | by Dr. Radut