Admisión

 

 

Todas as solicitudes de admisión entregadas para 4º de Educación Infantil (curso 2024-25) foron aceptadas.

 

Recordade que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Inicio

 

Teléfono982 53 00 47

Marqués de Ugena s/n 27600 Sarria Lugo

email: eei.xela.arias@edu.xunta.gal

 

 

 

Semana do Libro: Instalación lectura - Xogo libre

Hoxe recibimos unha carta nos buzóns de Xeliña.

Quería invitarnos a unha actividade moi divertida que preparou nun espazo novo da biblioteca. 

 

Pinchade aquí para ver máis 

  

 

 

Semana do libro: Conto colaborativo

 

Durante varias semanas entre todas as nenas e nenos da escola fomos elaborando unha pequena historia titulada "A horta de Xeliña", entre todas e todos pensamos a historia e fixemos as ilustracións.

 

 

E hoxe, para comnmemorar o Día do libro, levamos o noso conto para a casa.

 

 

 

 

Semana do Libro: Apadriñamentos lectores

 
Para comezar esta semana do libro, hoxe fomos ao instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria, onde un grupo de rapazas e rapaces fixeron de madriñas e padriños lectores co noso alumnado de 6º de infantil, encantounos!!!!
 
Moitas grazas por invitarnos.
 
      
 
Pinchade nas fotos para ver máis sobre esta visita!
 

Cociña creativa na bilbioteca e receita saudable

 

Pinchade AQUÍ  para ddescubrir o que fixemos durante esta semana

 

 

Xogamos co noso escornabot

Despóis de traballar o conto da "Eiruga comellona" na pizarra dixital, decidimos convertir o noso escornabot nunha eiruga que  tiña que ir polo taboleiro comendo toda a froita que había. 
Encantounos!!
 
 
 
 

Día Mundial da Concienciación do Autismo

Hoxe coñecemos a historia "Mi hermano Luca" na que unha nena descubre que o seu irmán maior ten superpoderes! E decide facer todo o posible para que os demais o vexan como ela o ve a el.

Fixemoslle a capa de superheroe a Luca e tamén pintamos e recortamos unha peza de puzzle para crear o mural.

Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos.

Día da Poesía: A Amizade

Visitade o Blog pinchando na seguinte imaxe:

 

 

 

Aquí tedes un pequeno vídeo da nosa saída:

 

 

Reto trimestral: Arte e Sabor

 

Xeliña envíou unha invitación ás familias da escola para poder vir a visitar a exposición dos traballos que fixeron neste reto.

 

Mirade que obras de arte!!!

 

             

          

 

 

         

Cine: Valentina

Seguindo a temática do PDI deste curso "Arte en Xogo" quixemos realizar unha saída ao cine. 

 Eleximos a película de "Valentina", coincidindo coa semana na que se conmemora o Día Mundial do Sindrome de Down.

Desfrutamos moito da película e ata bailamos nos créditos finais lembrando o baile do festival de Nadal. Despois saímos a merendar ao parque.

Pasámolo en grande!

Pinchando na imaxe podedes ver un pequeno vídeo da saída.

 

Mulleres Artistas: 8 de Marzo

Mirade o que fixemos para conmemorar este día tan importante!

Pincha AQUÍ  para ver o blogue e AQUÍ para ver o vídeo

Recomendacións de lectura e manualidades 8M

 

Xeliña recomendounos estes contos para conmemorar este día...

 

 

E tamén en cada aula fixemos unha pequena manualidade para levar para a casa.

 

Semana da Prensa: As Novas do Xela

Premede na imaxe para descubrir todo o que fixemos nesta semana...

Premede AQUÍ para ver o vídeo de como repartimos o nonso xornal!

Obradoiro de cociña: Revolto de champiñóns

Despois de moitos días de investigación o proxecto dos cogomelos chegou ao seu fin cunha receita deliciosa. 

Convidamos ao alumnado da outra clase a probar o revolto de champiñóns 

e eles ensináronnos o conto que crearon entre todos ao longo destas semanas.

 

Premede AQUÍ para ver o vídeo

 

Taller de manteis: Arte e Froita

 

Concidindo coa semana da froita na escola, decidimos cambiar o nosos manteis da merenda.

No buzón Xeliña apareceu unha foto de un artista, Romero Britto, e varias imaxes de cadros de froitas que fixo.

Estivemos mirando e falamos de cal era a nosa froita preferida e da importancia que teñen para crecer sans e fortes.

Despois escollemos o cadro da nosa froita preferida e puxémonos mans a obra.

 

 

Retratando a Rosalía de Castro

 

Este curso, relacionado co noso PDI: "Arte en xogo", buscamos 5 mulleres pintoras , unha para cada aula, e escollemos unha obra delas e fixemos unha adaptación coa imaxe de Rosalía de Castro.


 

Pinchade AQUÍ para ver a entrada do blogue

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

Para conmemorar este día a nosa mascota Xeliña deixounos nos buzóns unha carta invitándonos á biblioteca a escoitar a unha gran amiga súa...

Pinchade AQUÍ para descubrir todo o que aconteceu ese día!

 

Semana de Entroido

 

Ao longo desta semana festexamos o entroido na nosa escola.

Pinchade AQUÍ para ver o que fixemos durante esta semana e a nosa festa de Entroido

Para nós a paz é...

 

A nosa mascota Xeliña convidounos a un contacontos na biblioteca,  "El Libro de la Paz" de Todd Parr. Reflexionamos sobre o que é a paz para nós,  fixemos fotos representando as ideas que xurdiron e levamos para casa a nosa versión do libro. Tamén elaboramos un vídeo con esas imaxes, e deixamos un exemplar do conto na biblioteca! Seguro que a Xeliña lle encanta.

 

Premendo na imaxe podedes ver o vídeo que fixemos

 

 

Visita guiada "A Nosa Arte"

Visita a Lugo á Fundación Abanca. Unha visita na que arte e poesía se mesturaron!

Ademáis tamén rematamos coa creación dos nosos propios robots, cos cales fixemos unha obra de arte.

 

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade

 

 

 

Admisión curso 2024-25

Prazo de matrícula aberto do 1 ao 20 de marzo

 

 

Podedes descargar aquí o impreso para cubrilo e entregalo no centro:

 

Solicitude de admisión en galego.

Solicitud de admisión en castellano.

 

TALLERES DE ARTE DE INVERNO

Coa chegada desta estación a nosa escola énchese das cores do inverno 

Pinchade na imaxe para ver o blog!

 

 

 

 

 

TALLER NA BIBLIOTECA: FACEMOS NEVE

Ao longo destas semanas, traballamos a temática do Inverno. 
Xeliña deixounos un conto moi divertido para contar, "Un copo de nieve en el bolsillo", escoitamos atentamente o que lle acontecía a estes dous animaliños, e falamos moito sobre o inverno e a neve. 
Unha vez que o contamos, decidimos facer neve. Empregamos bicarbonato e auga e....a remover.
 
Premede na imaxe para ver máis fotos no blog da escola
 

VISITA CASA DA CULTURA

Hoxe visitamos a exposición de Materiais de uso habitual de persoas con discapacidade promovida pola Plataforma da Diversidade Infantil da Comarca de Sarria.

Esta exposición pon en valor materiais que empregan día a día nenas, nenos e adultos con distintos tipos de discapacidade ou necesidades específicas.

 

Encantounos manipular estes materiais e poñernos no lugar do outro, se pinchades na seguinte foto podedes ver máis imaxes.
 

FAMILIAS QUE CONTAN

Hoxe visitounos a mamá de Brais e o seu irmán maior. Contáronnos o conto de "A ratiña presumida" e falounos do seu amigo o ratiño Pérez.

Tamén nos falou do seu traballo e aprendemos que alimentos poñen aos nosos dentes contentos ou tristes!

Falamos de como manter a nosa boca limpa e saudable e descubrimos moitas cousas sobre as próteses dentais!

Pinchando na imaxe accededes ás fotos.

Unha visita moi especial

 Para rematar ben o trimestre, hoxe tivemos unha visita moi especial: "O Apalpador".Pasámolo xenial na biblioteca escoitando as súas historias e bailando con el. 

E para rematar o día cun bó sabor de boca, fixemos unha merendola no comedor e con gran final tocamos as badaladas de fin de ano.

Premede na imaxe para ver máis!

Festival de Nadal: Por un ano de cine

 

 

 Un ano máis preparamos un bonito festival de Nadal, onde poden vir a vernos as familias. Este curso, relacionado co noso PDI: "arte en xogo", centramos a temática do festival no cine.

Pinchando na imaxe podedes ver un vídeo de como foi.

 

 
Moitas grazas ás familias por asistir e sobre todo aos nosos/as pequenos/as artistas por disfrutar tanto.

 

 

 

 

 

Distribuir contido