Skip to Content

Podcast refraneiro

 
 
En cada recuncho de Galicia, para cada circunstancia da vida diaria, existe un refrán que a sintentiza e dalle un valor case universal.
En Vila Laura encántanos o refraneiro galego e as expresións de tradición oral da nosa lingua, por iso dende a nosa radio "Vila Laura nas ondas" os nosos locutores dedican o seguinte podcast ao Refraneiro popular.
Agradecemos a todas as familias a súa participación nesta actividade proposta dende o centro; xa que sen a súa participación non sería posible.

Podcast 25N

Este sábado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres.

Dentro das actividades desenvolvidas dende o centro contouse cun contacontos na  Biblioteca,  trátase dunha bonita historia de dúas tartarugas que se namoran a través do conto de «Arturo e Clementina», conto que traballaron esta seman pra falar de igualdade. No seguinte podcast as aulas de Xoaniñas e Piratas cóntannolo.

Vila Laura nas ondas, a nosa  radio escolar, participa deste xeito neste día, aprendendo que só compartindo, eliminando a discriminación e as diferenzas podemos conseguir un mundo máis feliz.

 

 

 

Recollida de xoguetes polo Nadal

Este ano, en colaboración con "Amigos moter@s", levaremos a cabo unha recollida solidaria de xoguetes.

A característica principal é que teñen que ser xoguetes novos, sin estrenar, dado que os beneficiarios/as serán os nenos/as hospitalizados no Complexo Hospitalario Álvaro Cunqueiro de Vigo, e así evítase a contaminación externa. Serven todo tipo de xoguetes, ceras e cores, libros de pintar, contos,... 

Respecto aos peluches, servirían de segunda man, xa que son "doados de desinfectar", segundo nos comentaron.

A entrega dos xoguetes realizarase o sábado 16 de decembro, coincidindo coa xa tradicional "Papanoelada motera" na cidade de Vigo.

Podedes ler un artigo de prensa recentemente publicado sobre esta iniciativa:

https://www.anovapeneira.gal/index.php/2023/11/13/digna-dominguez-alvarez-portavoz-do-grupo-amigos-moteiros-de-galicia/

Concurso receita de Nadal

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a elaborar unha receita de Nadal.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o 12 de decembro para presentar as vosas receitas de Nadal.

 

Menús comedor mes de Decembro

Carreira popular Érguete e corre

Co firme propósito de fomentar a práctica diaria de exercicio físico e promocionar unha vida activa, saudable e autónoma, e seguindo o noso PLAN de actividades físicas e hábitos saudables, propoñémosvos, a toda a Comunidade Educativa, a posibilidade de participar nunha carreira popular que organiza o Concello de Vigo para este vindeiro domingo 3 de decembro.

Animámosvos a ir cos vosos fillos/as e participar, sobretodo o alumnado, pero tamén o resto das familias!

Tedes máis información no seguinte enlace:

https://magmasports.es/es/evento/peques

 

Prazo límite para a inscrición, este martes 29 de novembro de 2023.

 

 

 

 

 

Beneficios do atletismo na infancia

Dende Aramark, empresa que xestiona o servizo de comedor da nosa escola, invítannos a escoitar unha charla moi interesante sobre os beneficios do atletismo na infancia.

A ponente será Irene Sánchez-Escribano, 8 veces campiona de España en 3.000 metros, e finalista europea e clasificada para os Xogos Olímpicos de Tokio 2020.

Máis información e rexistro en:

https://events.teams.microsoft.com/event/6eb59b82-3d4c-458b-a3c5-bb4284541d95@b1519f0f-2dbf-4e21-bf34-a686ce97588a

O magosto en Vila Laura nas Ondas

O Magosto, vivido nestes días no noso cole, é o tema principal dos seguintes programas da nosa radio,Vila Laura nas ondas.
No seguinte programa participan as aulas de Astronautas e Piratas.

 

 

 

 

 

Neste segundo programa do Magosto participan as aulas de Xoaniñas e Indios con propostas que prepararon nas aulas.

 

O noso primeiro Podcast

Neste curso escolar comezamos con moita ilusión a nosa radio escolar, co nome de Vilalaura nas ondas.

Un espazo onde queremos darlle voz aos nosos peques, xa que son os protagonistas do noso facer diario e creemos na importancia de contar as cousas a través da súa mirada.

Dende Vila Laura dámoslle moito valor á comunicación e usamos a radio non só como ferramenta de mellora da calidade na educación senón para mellorar o desenvolvemento competencial e favorecer un modelo inclusivo de participación; un modelo onde todos/as teñan voz.

A través da radio queremos fortalecer a relación entre o centro/familias e a contorna, de xeito que a experiencia da radio educativa mellore o coñecementoe valoración que temos del.

Participaron na elaboración da entradilla e final do programa de radio do Samaín as clases de 5 anos (Indios, Exploradores e Osiños) que formará parte da sintonía da nosa radio e acompañará os programas de radio que  se fagan neste curso escolar.

O primeiro dos nosos programas trátase dun tema moi presente nestes días : O SAMAÍN.

Participando na súa elaboración os locutores de 4 anos (clases de Pingüins e Xoañinas).

 
 
 

Menús de novembro

Distribuir contido


by Dr. Radut