Skip to Content

Blogues

PARTICIPACIÓN CERTAME PATRIMONIO - PONTE NAS ONDAS

Co motivo da celebración do día das Letras galegas e coa participación do centro no programa de Boas prácticas educativas de Ponte nas ondas (vinculado á Radio escolar) anunciamos a participación do centro no Certamen das imaxes do patrimonio.

Por iso convidamos ás familias a participar nunha exposición de Imaxes do patrimonio, onde cada familia podera aportar as imaxes que desexe, que cumpran os seguintes requisitos:

- Imaxes tomadas en datas anteriores a 1970.

- A temática é variada.

- As imaxes teñen que pertencer/ser propiedade das súas familias.

- Deben conter unha pequena descrición.

- Poden ser copias dunha foto orixinal.

A data máxima de entrega será o día 14 de maio.

 

 

Menús comedor mes de MAIO

Becas neae curso 2024/2025

Menús comedor mes de Abril

Podcast Contacontos Ies Do Castro

Para rematar o trimestre, un grupo de alumnos do Ies do Castro deleitáronnos cun obradoiro de contacontos para o alumnado de 4 anos. Entre as historias que contaron estaban ¨Vivan as uñas de cores ¨e ¨Maruxa¨, das que nos falan nos seguintes programas de radio.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

NOVOS TELÉFONOS

Na EEI Vila Laura temos novos teléfonos e, con eles, nova numeración. Anotade:

Teléfono do centro 886.120.841

Secretaría 886.120.840

 

A numeración antiga convivirá connosco ata o remate da próxima semana.

Mascotas con super poderes

Dende a empresa que xestiona o noso comedor escolar, Aramark, propóñennos unha actividade-concurso na que se vos anima a diseñar unha mascota, basada nun alimento dos seguintes grupos: legumes, froitas, peixes e verduras.

Ainda que inicialmente a actividade estaba pensada só para os usuarios/as deste servizo, facémolo extensible a toda a Comunidade Educativa.

Tendes ata o xoves 21 de marzo para presentar os vosos deseños.

 

 

 

Proceso de admisión para o vindeiro curso 2024-2025

Prazo de admisión do 1 ao 20 de marzo

 

Para entregar a solicitude que atoparedes nos arquivos adxuntos podedes empregar algunha das seguintes vías:

-Cubrila na páxina de admisión e presentala a través da sede electrónica.

-Traer a solicitude de xeito presencial cuberta a man no horario de secretaria (9:00h a 10:00h e 13:00h a 14:00h).

-Cubrila a través da páxina de admisión alumnado e entregala no centro no horario de secretaria.

 

Importante que a solicitude veña firmada polos dous proxenitores (fixádevos en todas as follas) e que se engada como documentación o seguinte por se é preciso baremar:

-Copia do libro de familia ou similar.

-Certificado do padrón (no caso de que puntuedes por zona de domicilio).

-Certificado de traballo (no caso de que puntuedes por zona de traballo).

Nos adxuntos tedes tamén o manual para as familias.

 

Menús comedor mes de Marzo

Distribuir contido


by Dr. Radut