Skip to Content

Probas certificación

PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OUTUBRO

Prema sobre o idioma correspondente para ver as datas.

ALEMÁN   -   FRANCÉS   -   INGLÉS  -   ITALIANO

INGLÉS CHANTADA

 

Protocolo das Probas de Certificación

É moi importante que o leades antes de vir facer as probas. A asistencia ás probas supón a previa lectura e aceptación das medidas detalladas neste protocolo.

Grazas pola vosa colaboración.

 

COMO ACCEDER A CENTROSNET?

Recomendamos usar o Navegador Mozilla Firefox.

Instruccións

Se non se ten nº de expediente usar a data de nacemento DD/MM/AAAA

Información xeral

1. Poderanse matricular nas probas de certificación aquelas persoas que teñan feitos dezaseis anos ou que os fagan antes do 31 de decembro do ano natural en curso naquel idioma que cursase como primeira lingua estranxeira nas ensinanzas ordinarias.

2. Poderanse matricular nas probas de certificación aquelas persoas que teñan feitos catorce anos ou que os fagan antes do 31 de decembro do ano natural en curso naqueles idiomas que non cursasen como primeira lingua estranxeira nas ensinanzas ordinarias.

3. O alumnado libre poderá matricularse en calquera nivel das probas de certificación, previo pagamento das taxas correspondentes, xa que non é requisito indispensable dispoñer do/s certificado/s anterior/es.

4. Prazo de matrícula: o prazo de matrícula para as probas de certificación para o alumnado libre é normalmente entre marzo e abril.

*IMPORTANTE: a partir do curso 2012-2013 segundo a Orde  do 19 de abril de 2012, "as escolas oficiais de idiomas deberán realizar as probas terminais de certificación no mes de xuño en convocatoria ordinaria para o alumnado do réxime oficial e en CONVOCATORIA ÚNICA  para o alumnado do RÉXIME LIBRE. No mes de setembro os centros realizarán a convocatoria extarordinaria para o alumnado de réxime oficial".

Currículo dos Niveis Básico e Intermedio: Decreto 191/2007

Currículo Nivel Avanzado: Decreto 239/2008

Currículo Nivel C: Orde EDU/3377/2009 (BOE 16 decembro 2009)

Modelos de Exames de Probas de Certificación

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut