MATRÍCULA LIBRE CURSO 2023_24

A matrícula realizarase en liña, desde o seguinte enderezo que estará aberta do 2 de outubro ata as 12.00 do mediodía do 20 DE OUTUBRO de 2023: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/

 

DOCUMENTACIÓN. 

Prazo de presentación:

Do 2 ao 20 de outubro de 2023.

A documentación presentarase dende a ligazón:

 https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/

  1. O impreso de matricula xerado pola aplicación, debidamente cumprimentado.
  2. O resgardo do aboamento de prezos públicos.
  3. Unha fotocopia do DNI, ou, no caso de persoas estranxeiras, NIE ou pasaporte.
  4. Para o alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro de 2024, un certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo anexo I que se adxunta ao final desta páxina.
  5. O alumnado que precise condicións especiais para a realización das probas debido a algún tipo de discapacidade física ou sensorial deberá xustificalo mediante a documentación acreditativa e , se solicita adaptacións, deberá cubrir o anexo II que se adxunta ao final desta páxina.

REQUISITOS.

  1. Poderanse matricular nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria, aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que cumpran antes do 31 de decembro de 2024.
  2. Poderanse matricular nas probas dos idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que cumpran antes do 31 de decembro de 2024.
  3. Aqueles que queiran certificar os niveis A2, B1, B2 e C1 non se lles esixirá ter os certificados dos niveis precedentes.
  4. O alumnado que xa realizou estudos nunha escola oficial de idiomas en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola en 2023/24, deberá indicar esta circunstancia coa súa solicitude de matrícula para que a escola onde se matricula como alumno libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe.

A información completa que regula o proceso de matrícula poderá consultarse no seguinte enlace: instrución11/2023 da Dirección Xeral de formación Profesional.

AdxuntoTamaño
ANEXO I.pdf39.79 KB
ANEXO II.pdf64.32 KB

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: