Cursos de competencias

Oferta de cursos de competencias lingüísticas 2023-24

Os cursos para o sector da hostalaría e do comercio son cursos de 60 horas de duración, de setembro a maio. Haberá dous niveis, básico e intermedio. Os cursos son de 60 horas e teñen unha única sesión semanal de dúas horas de duración.

Os cursos de competencias son cursos adicados ao traballo de determinadas destrezas comunicativas como poden ser a expresión oral, a mediación, etc. e secuenciados por niveis (poden ser do A2 ao C2) Os cursos son de 60 horas e teñen unha única sesión semanal de dúas horas de duración.

A oferta destes cursos pode cambiar todos os anos, se quere coñecer a oferta para este curso pode descargar a folla de inscripción no documento adxunto.

Para formalizar a matrícula cómpre cubrir a folla de inscripción que aparece como documento adxunto, pagar as taxas correspondentes e enviar a documentación ao correo electrónico da escola eoi.ribadeo@edu.xunta.gal

O prazo de matrícula é a partir do 19 de xuño na secretaría do centro.

Pode facer o pago telemático no seguinte enlace:https://ovt.atriga.gal/

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas:

Distribuir contido