Preinscrición en liña.

A preinscrición é un proceso previo ao de matrícula e non garantiza unha praza na escola. Só os alumnos que aparezan nas listas de admitidos despois de facer a preinscrición, e formalicen posteriormente en prazo e forma a súa matrícula serán alumnos oficiais da escola para o curso 2023-2024. A preinscrición é gratuita.

Quen ten que facer preinscripción?

Todo aquel que se matricule por primeira vez na escola terá que facer a preinscrición en liña.

Tamén deberán facer a preinscrición:

Para acceder directamente á aplicación de preinscrición para o curso 2023/2024 prema no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php

Prazos de preinscrición.

Prazo do 26 de xuño ao 9 de xullo de 2023. 

Lista de admitidos.

Feita a preinscrición, para poderse matricular, os alumnos deberán comprobar a súa inclusión nas listas de admitidos.

  • O día 11 DE XULLO 2023 o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. As persoas que obteñan praza deberán confirmar a reserva de praza no grupo adxudicado desde a aplicación web de matrícula e a continuación formalizar a matrícula.

 

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: