Información sobre o pago das taxas.

Aquí pode ver información detallada sobre as taxas de matrícula oficial, incluíndo as exencións. As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17/06).

Desglose de conceptos:

Apertura de expediente: 22,00€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia)

Matrícula por cada idioma ou nivel: 46 €

Exencións:

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familia numerosa de categoría xeral: exención do 50%  do importe total.
  • Funcionarios dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, únicamente nas materias de nova matriculación.
  • As persoas cun grao de minusvalía igual o superior ao 33%: exención do 100%.
  • As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos: exención do 100%.
  • Violencia de xénero: 100%

 

 

En todos os casos deberase acreditar documentalmente o dereito ás exencións.

 

PROCEDEMENTO PARA ABOAR AS TAXAS: 

Teña en conta o seguinte:  

· Non faga o pagamento se non ten adxudicada unha praza no curso e idioma escollidos polo procedemento en-liña. 

· Comprobe ben os importes: o centro non poderá devolver as cantidades incorrectamente ingresadas.

· Deberá acreditar documentalmente o dereito ás exencións de prezos públicos.

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

NAS ENTIDADES BANCARIAS: 

Retire o impreso de autoliquidación de taxas na secretaría (Modelo E) do centro e cúbrao consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* (tamén pode xerar un impreso estándar Modelo AI nesta ligazón)

Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.

 Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran maís abaixo.

Presente os dous resgardos que lle devolva o banco na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula.  

BANCOS NOS QUE SE PODE ABOAR A MATRÍCULA:

• Banco Santander

    • Bancos Sabadell

    • BBVA

    • Targobank

    • Evo Banco

    • Bankia

    • Abanca

    • Ibercaja

    • Caixabank

    • Caja Rural Galega

    • Caja Rural Zamora

 

 

POR INTERNET: 

Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón. Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago.

Para que este trámite teña validez, a aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos.

Presente unha copia deste modelo na secretaría do centro xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento a través da Consellería de Economía e Facenda. 

* CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

 07

Delegación de Lugo

 20

Servizo: Ensino Medio

 03

Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas

350800

 

 

 

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: