Información sobre as probas de clasificación.

A proba de clasificación (antiga proba de nivel) está pensada para o alumnado que se quere matricular nos estudos oficiais da EOI e xa ten coñecementos previos. A proba de clasificación diagnostica o seu nivel de acceso, de tal xeito que se poden comenzar os estudos por un curso superior ao primeiro.

CONSIDERACIÓNS PREVIAS

 Se está considerando presentarse á proba de clasificación debe saber que:

  1. a proba de clasificación non certifica un nivel de lingua, senón que estritamente fixa o nivel de acceso en caso de quererse matricular nos estudos da EOI na modalidade oficial
  2. a proba de clasificación non outorga automaticamente unha praza: o alumnado deberá optar ás prazas na EOI mediante o procedemento de preinscrición
  3. non poderán facer a proba de clasificación os alumnos matriculados no mesmo idioma nos dous anos académicos inmediatamente anteriores
  4.  a proba daralle acceso a un curso concreto e só a ese curso; isto quere decir que non poderá matricularse nun curso inferior ou superior ao que indique a proba
  5.   a proba terá validez para matricularse na modalidade oficial neste curso e no seguinte
  6.  se a proba lle dese acceso a un nivel xa cursado e/ou superado anteriormente, a proba quedará sen efect
  7.  para acceder aos estudos das EOIs, incluso a través da proba de clasificación, deberá cumprir os requisitos de idade das EOIs (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como primeira lingua estranxeira; 14 anos se é un idioma diferente)

 

 

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: