Certificar os niveis básico, intermedio e avanzado na modalidade de libre. XANEIRO 2024

PRAZO DE MATRÍCULA LIBRE. O  prazo de matrícula para o alumnado libre, o alumnado dos cursos CALC, dos cursos de formación do profesorado de preparación para as probas de certificación das EOI e dos cursos CUALE será do 2 AO 20 DE OUTUBRO de 2023. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 20 de outubro.
A presentación da documentación necesaria para a formalización da matrícula na secretaría farase telematicamente en https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre/alumnos/index.php

 

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI da Ribadeo.

As certificacións do Marco común europeo de referencia para as linguas que ofrece o noso centro son: o nivel básico A2, os nievis intermedios  B1 e B2, e o nivel avanzado C1 (alemán, francés, inglés, italiano)  

As persoas que opten por esta modalidade terán unha única convocatoria no mes de xaneiro de 2024.

Prema aquí para consultar os requisitos para presentarse por libre as probas de certificación.

Prema aquí para consultar os prazos e a documentación necesaria para facer a súa matrícula.

Prema aquí para consultar o calendario das probas.

 

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas: