Skip to Content

Ensinanza Secundaria semipresencial

Oferta educativa | Educación Secundaria a distancia Semipresencial

Información sobre ESA semipresencial

A Educación Secundaria para persoas Adultas (ESA) é equivalente á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que os rapaces cursan no ensino ordinario, aínda que mostra diferenzas na organización dos contidos e na distribución do tempo de estudo.

A modalidade Semipresencial ademais posúe algunhas características específicas:

As sesións lectivas semanais de cada ámbito redúcense ás seguintes: tres sesións de comunicación, dúas sesións de científico-tecnolóxico

e unha sesión de social.

Estas sesións teñen carácter colectivo e son de asistencia obrigada para o alumnado. 

O alumnado dispón tamén de titorías de orientación didáctica semanais co profesorado de cada ámbito para consulta, asesoramento e orientación. 
Conta con materiais específicos de estudo: guías didácticas e textos impresos ou en formato dixital.
O alumnado matriculado nesta modalidade semipresencial é para todos os efectos alumnado oficial do centro, cos seus correspondentes dereitos e deberes.

O Coordinador da secundaria semipresencial no período 2023/2024 é o Prof. Emiliano Perdiguero García,

e o seu horario de Atención ao alumnado semipresencial é o seguinte:

 

- luns de 16:45 a 17:30

- martes de 10:00 a 10:45 horas

-venres de 10:45 a 11:30

Validez académica

  • Expedirase o título de Graduado en Educación Secundaria a todas aquelas persoas que acaden os obxectivos xerais establecidos. Esta titulación permite:
  1. Cursar F.P. de grao medio.
  2. Cursar Bacharelato.
  3. Acceder ao mundo laboral.
  • Cando non se rematen os estudos correspondentes á Educación Secundaria, a dirección do centro emitirá unha certificación onde consten os módulos cursados e as cualificacións obtidas.

Matrícula, Documentación, Período e Transicións

Formas de Acceso, Validacións e Equivalencias e Proba inicial

Normas de Convivencia e Normas para os Exames

 

Horarios ESA semipresencial 2023/2024


Estrutura, Organización e Materiais Didácticos

Guías didácticas


Avaliación

  • A avaliación de cada ámbito pódese realizar de maneira continua para os alumnos/as que asisten de forma regular ás titorías lectivas. En todo caso, o centro establece de forma oficial un calendario de exames finais a finais de xaneiro ou principios de febreiro, para o primeiro cuadrimestre, e no mes de xuño, para o segundo cuadrimeste (ver Exámes).
  • Os alumnos/as que suspenden algún ámbito no 1º Cuadrimestre poden facer unha proba extraordinaria en abril/maio. O alumnado do 2° cuadrimestre pode facela en setembro.
  • O alunado non pode ser avaliado dun ámbito sen ter aprobado ese mesmo ámbito no módulo inferior.

 

 Calendario de exames (ainda non disponíbel)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut