You are hereAxudas máscaras para o alumnado

Axudas máscaras para o alumnado


By encisa - Posted on 13 Novembro 2020

Convocadas axudas para distribución gratuita de máscaras ao alumnado da ESO en función da renda.

Ao final desta noticia podes descargar a convocatoria, pero adiantamos un resumo:

 

Se tiveches "cheque de material"...

O alumnado que xa obtivo a axuda para material escolar (os 50€) xa as ten concedidas automáticamente, polo que non precisa solicitalas. Entregaránse a este alumnado cando se remate o proceso, aproximadamente nos primeiros días de decembro (informarase).

 

Quen pode solicitalas...

Poden solicitalas as familias que non tiveran a axuda de material escolar, (tanto se pediu a axuda de libros ou non) e acrediten unha renda per cápita de 6.000€ anuais ou menos.

 

Tamén o alumnado matriculado en educación especial, suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña unha discapacidade do 65% ou máis.

 

O prazo para pedilas é..

Pódese entregar a solicitude no instituto entre o luns 16 e o venres 27 de novembro de 2020. Lembra que se tiveches a axuda de material escolar (os 50€) xa non tes que pedilas porque telas concedidas.

 

Os papeis que hai que cubrir...

Podes descargalos premendo aquí, e tamén para acceder á convocatoria no DOG e ler todos os detalles.

 

Cando me dan as máscaras gratuitas...

Unha vez rematado o proceso e mercadas as máscaras, iniciarase o reparto no propio centro. Aproximadamente na segunda semana de decembro. Anunciaremos cando chegue o momento.

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos