LIBROS DE TEXTO 2014-15

Libros de texto 2014-2015. Nalgúns casos faise referencia ó curso 2013-2014 debido a que non hai nigún cambio.

ACCESO ÓS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

Nestes  enlaces tedes a información referente á inscripción, calendarios, documentación e oferta de ciclos.

Admisión:

http://www.edu.xunta.es/fp/admision-grao-medio

PRÓXIMA MOSTRA DE PINTURA NO IES ANTONIO FRAGUAS

O próximo día 25 de xuño inauguraremos a 7ª mostra do grupo singular_es.

Para quen non o coñeza, singular_ es está composto por profesoras e profesores que participan no abradoiro de pintura que imparte Marisa Calderón.

 

ÉXITO DO SEGUNDO MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME ROQUE

ÉXITO DO SEGUNDO MERCADILLO SOLIDARIO TRÓCAME ROQUE

Nesta segunda edición houbo moitísima participación de rapaces e rapazas do noso IES e do Colexio de Fontiñas. Tamén de Cruz Vermella, Centro Abeiro de Cáritas e Centro de Día Arela. Ademais estiveron os equipos do taller de TV do IES e o de Barrios Abertos (Asamblea de Cooperación pola Paz)

Destacamos tamén as actuacións de hip-hop e flamenco pero dende logo a do noso magnífico coro. 

Graciñas por participar!

Distribuir contido