Carta da ANPA dirixida ás familias

Preme aquí para acceder á carta da ANPA dirixida ás familias

Revista Xeada 2023

Preme aquí para acceder ao contido da revista, ou tamén no lateral da web, no apartado "Xeada"

Equipo de Dinamización de Lingua Galega do IES Antonio Fraguas

Cordinado pola profesora Guadalupe García Prieto

Intercambio con Noruega 23-24

Intercambio con alumnado de Oslo (Noruega). Preme aquí para acceder á información

Caderno Orientación para 2º Bacharelato

(Preme sobre o cartel para acceder ao contido)

Modificación das Normas de Organización do centro

O Consello Escolar do IES Antonio Fraguas acordou iniciar un proceso de revisión e actualización das Normas de Organización do centroPara elo, ábrese un prazo de achega de propostas por parte de toda a Comunidade Educativa.

Neste espazo web do centro figuran as actuais NOF, susceptibles de actualizar, así como a lexilación relacionada. Asimesmo, máis abaixo atopará as direccións de correo electrónico ás que poderá mandar as súas propostas. Teña en conta que deberá envialas por correo electrónico e utilizando a conta habilitada para tal fin.

O prazo de presentación de propostas rematará o 14 de abril de 2023, ás 14:00.

O presidente do Consello Escolar
Carlos Encisa



Documentación relacionada 

- Normas de Organización e Funcionamento do IES Antonio Fraguas (actuais)

- Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.

- Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

- Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025

 

 
Correos para o envío de propostas

Nais e Pais poden enviar as propostas a calquera destes dous correos:


anpa.anton.fraguas@gmail.com

natalia.conselloescolar.fraguas@gmail.com



Alumnado pode enviar as propostas ao correo:

consejo.escolar.fraguas@gmail.com

(este correo foi creado polo alumnado do Consello Escolar para esta finalidade exclusivamente)



Profesorado pode enviar as propostas ao correo:

ies.antonio.fraguas@edu.xunta.gal

 

Probas Certificación do Nivel de Inglés (alumnado 2º Bach)

Foron concedidas becas para a realización das probas de certificación de linguas estranxeiras (convocadas pola Consellería de Educación).

Para o IES Antonio Fraguas concedéronse 34 becas para o alumnado de 2º de Bacharelato que o solicitou no seu día.

 

Estase organizando a proba de nivel de INGLÉS, que se realizará no propio insituto nos seguintes días:

12 de Abril (mércores) de 10:00 a 12:00: Proba escrita Reading & Writing

19 de Abril (mércores) de 16:30 a 20:00: Proba Oral Speaking & Listening

 

O alumnado candidato debe traer este arquivo (preme aquí para descargalo) nunha memoria USB o día do exame oral, debidamente cuberto, para utilizar no momento do exame. Se tes dúbidas de como cubrir este documento, consulta coa túa profesora de inglés.

Ademáis, o alumnado candidato deberá acudir á proba co seu DNI e cun "documento de cita" que se lle entregará no instituto uns días antes do primeiro exame.

 

Para máis información sobre a proba, preme na seguinte ligazón da empresa examinadora Trinity College London

 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos