You are herePrimeiro día do Curso 2023-24

Primeiro día do Curso 2023-24


By encisa - Posted on 30 Agosto 2023

Cando empezamos?

O primeiro día de clase será o LUNS 11 de setembro de 2023.

Que horario faremos o primeiro día?

Ese primeiro día, todo alumnado (ESO e Bacharelato) empeza ás 8:45 e sae ás 14:25, como un día normal. Na primeira hora teremos unha sesión co/a titor/a do grupo e o resto da mañá co profesorado da materia que corresponda. O horario de cada grupo repartirase na aula a primeira hora. Ese primeiro día hai que traer material básico de clase (libreta, boli...) xa que non coñecerás o horario das materias ata ese momento. 

Hai transporte escolar o primeiro día?

Si. O alumnado da ESO terá transporte escolar para a entrada e para a saída como o resto do curso. O alumnado de Bacharelato que necesite transporte escolar debe solicitalo en secretaría e adxudicarase con posterioridade ao inicio de curso en función das prazas dispoñibles en cada liña. Polo tanto, o alumnado de bacharelato, salvo que lle adxudiquemos praza no transporte, debe vir pola súa conta. O alumnado de ESO xa utiliza o transporte escolar dende o primeiro día.

Cando nos entregan os libros de texto de préstamo?

Durante os primeiros días de clase, avisaremos en cada aula para que cada alumno/a baixe a secretaría a recoller os libros asignados. O alumnado debe esperar a que se lles avise para pasar a recollelos. 

Cando saberei en que grupo estou?

A información do grupo ao que pertences poderás consultala na aplicación Abalar Móbil o 7 de setembro. Entre os documentos da matrícula informouse sobre esta aplicación, pero se precisas instalala preme nesta ligazón.

Onde está a miña aula?

Unha vez saibas a qué grupo pertences, podes consultar a túa aula no plano que atoparás na marxe dereita da web (Onde están as aulas?

Haberá reunións de pais e nais de inicio de curso?

Si. Informaremos das datas e máis detalles das reunións máis adiante. Serán despos de iniciar o curso.

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos