Información Exame ABAU 2021(xuño)

Lugar do exame:

Facultade de Educación e Enfermería (están xuntas)

OLLO: o lugar está na rúa Juan XXIII, preto do parking. Hai outra dependencia da Facultade de Educación no campus Sur, pero o noso exame é en Juan XXIII

 

Se queres buscar a ubicación exacta en gmaps:

https://goo.gl/maps/fEQzUAuT6QDzbG1K9

Calendario de exames 2º bacharelato (convocatoria extraordinaria)

Publicado o calendario de exames (convocatoria extraordinaria) para o alumnado de 2º de bacharelato. Realizaranse entre os días 18 e 22 de xuño.

Axudas Libros de Texto e Material (ESO)

Convocadas as axudas de libros de texto e material escolar (ESO) para o curso 2021-22. 

Prema aquí para acceder á información.

"SEN CONCIENCIA" - teatro Tantometén

Curtametraxe presentada polo grupo de teatro "Tantometén", do IES Antonio Fraguas 

Matrícula ABAU 2023

 Accede a toda a información pulsando en "Ler máis" e tamén visualizando este vídeo

Listado Provisional Admitidos/as: curso 2021-22

 Preme aquí para acceder á información sobre o listado PROVISIONAL de admitidos/as e ao resto da información.

Nota: Foron admitidos todos os solicitantes para 1º de ESO, tanto o alumnado procedente dos centros adscritos- Monte dos Postes, Fontiñas, Juventud e Vilas Alborada - como o resto de solicitudes presentadas para 1º de ESO. 

Matrícula: informarase máis adiante dos prazos concretos de matrícula, que serán a finais de xuño e principios de xullo.

 

"After Fraguas" contacta con ex-alumnos/as

O programa "After Fraguas", da canle Fraguas TV, entrevista a antigos/as alumnos/as do instituto para saber que fixeron despois do seu paso polo noso centro. Ademais, cada programa é presentado por diferente alumnado do centro cada vez. Deste xeito, o pasado e o presente do IES Antonio Fraguas danse a man, establecendo un vínculo entre unha comunidade educativa cada vez máis grande.

Preme aquí para acceder á canle Fraguas TV (e suscríbete gratis)

 Deixamos aquí enlaces aos sete primeiros programas emitidos:

Entrevista a Xoel Sorribas, realizada por Nerea Alburquerque

 

 Entrevista a Lorena Sabel, realizada por Eva Pérez

 

Entrevista a Tamara Montero, realizada por Breixo Barreiro

 

 

Entrevista a Manuel Duro, realizada por Julia Rañal

 

Entrevista a Alexandre Louzao, realizada por Celtia Louzao

 

Entrevista a Alicia Rioboo, realizada por Blas Álvarez

 

Entrevista a Alex Raña, realizada por Carlos Encisa (programa piloto)

 

Concurso de Microrrelatos

O Equipo de Normalización Lingüística do IES Antonio Fraguas convoca o XIV Concurso de Microrrelatos

Accede aquí ás bases do concurso, e se premes no vídeo podes ver a entrevista na TVG sobre este tema

Novidades sobre o proceso de Admisión

Novas prazas en 1º de ESO

Amplíanse para o curso 2021/21 as prazas de 1º ESO, pasando a un total de 150. Tendo en conta a previsión de necesidades de praza dos centros adscritos e do propio instituto (alumnado repetidor) prodúcense 17 vacantes para o proceso de admisión.

As familias que xa realizaran unha solicitude de praza noutro centro por non haber inicialmente praza no IES Antonio Fraguas, poderán poñerse en contacto con ese centro no caso de querer renunciar a dita solicitude para poder presentala neste. Lembren que non pode haber dúas solicitudes simultáneas.

 

Colexios adscritos

Información para o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos: é dicir, alumnado do CEIP das Fontiñas, CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, CPR Plurilingüe Vilas Alborada e CPR Plurilingüe Juventud: 

Garántese a escolarización en 1º ESO do alumnado dos colexios adscritos (6º de Primaria) que no seu momento fixeran a reserva de praza para o "IES Antonio Fraguas" en tempo e forma.

Por este motivo paralízase o proceso de solicitudes de praza (e posterior baremación) que estaba aberto no IES Antonio Fraguas ao respecto do alumnado procedente de ditos centros.
 
Non é necesario polo tanto que ditas familias realicen ningún trámite, tanto se xa trouxeran a documentación ao noso centro coma se non, pois teñen a súa praza garantida no IES Antonio Fraguas para o curso 2021-22
 
(para acceder a toda a información sobre a Admisión para o curso 2021-22, prema na pestana "Admisión" na parte superior desta web)

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos